O concelleiro de Lugo investigado por delito ambiental nega competencias no tanque relacionado con verteduras fecais

A denuncia partiu do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2018 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

O concelleiro de Desenvolvemento Sostible do Concello de Lugo, Daniel Piñeiro, que compareceu este mércores no Xulgado de Instrución Número 2 para prestar declaración como investigado, negou que teña competencias nun tanque de tormentas que estaría relacionado cunha vertedura de augas fecais.

Daniel Piñeiro
Daniel Piñeiro | Fonte: Concello de Lugo.

A denuncia partiu do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil, por mor dunha vertedura no río Rato á altura do barrio lucense da Garaballa, ocorrido o pasado ano. O edil é investigado por un suposto delito leve contra os recursos naturais.

Antes de prestar declaración ante a xuíza, asegurou que, aínda que é "responsable da protección do medio ambiente", "non ten competencias no tanque de tormentas". Aínda así, engadiu que lle farían "as preguntas pertinentes" e "contestará".

Ademais, puntualizou que o tanque de tormentas "estaba sen mantemento": "Entón, desde a miña área, tomamos todas as precaucións que nos indicaron os técnicos respecto diso dos malos cheiros e facíanse desatascados xornais".

"É o que se podía facer, segundo os técnicos, ata que noutras áreas se conseguise contratar o mantemento dese tanque. Iso son temas que non levaba", defendía á entrada do xulgado.

A día de hoxe, "segundo lle comentaron compañeiros", o tanque "está a funcionar con medios propios mentres non se contrate o mantemento". "Funciona con normalidade, polo que me comentaron", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta