Pablo Casado gaña a presidencia do PP

Con máis de catrocentos votos sobre Sáenz de Santamaría, é presidente oficialmente logo da clausura do congreso en Madrid.

Por GaliciaConfidencial | MADRID | 21/07/2018 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

Casado tivo o 58% dos votos fronte os 42% de Sáenz de Santamaría. En total 1701 votos para o novo presidente popular. Pedro Sánchez felicitouno por Twitter animándoo. Casado pediu "non preguntedes a ninguén por quen votastes". "Temos un novo partido, o PP está de volta". 

Casado, no Congreso Nacional do PP. EDUARDO PARRA / EUROPA PRESS / Europa Press
Casado, no Congreso Nacional do PP. EDUARDO PARRA / EUROPA PRESS / Europa Press

Entre os diferentes puntos expostos por Casado está a defensa da Cosntitución "para que non a abran en canal e reforzar o código penal fronte desafíos separatistas". Fixo mención no seu discurso a todos os presidentes do goberno do PP e a Adolfo Suárez. Pide tamén a conexión co pobo, coa xente.  A primeira cita electoral que poda ter a presidencia de Casado serían as eleccións en Andalucía. 

Pablo Casado, reivindicou este sábado a "lexitimidade" dos compromisarios para elixir o sucesor de Mariano Rajoy á fronte do partido e realizou unha reivindicación dos principios clásicos do PP, como a vida, a familia, a unidade de España ou a loita contra o terrorismo. No seu discurso ante os máis de 3.000 compromisarios reunidos no hotel Marriot Auditorium de Madrid, Casado enxalzou a figura do xefe do Goberno galego e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a quen eloxiou por renunciar aos seus intereses "persoais" para estar en Galicia.

"Que orgullo de presidente tedes en Galicia. Garántovos que non o terei lonxe e insistirei para que siga sendo a referencia nacional imprescindible que todos queremos", dixo sobre o presidente da Xunta, quen evitou durante o proceso mostrar o seu apoio expreso a un candidato. Pese que Feijóo non confirmará publicamente a que candidato apoia, cargos do PPdeG próximos a el si recoñeceron publicamente a súa aposta por Pablo Casado, como os presidentes do PP da Coruña, Diego Calvo, e de Pontevedra, Alfonso Rueda, fronte ao respaldo a Soraya Sáenz de Santamaría do seu homólogo por Ourense, José Manuel Baltar. De feito, Rueda e Calvo xunto coa deputada ourensá Ana Belén Vázquez estarán no Comité Executivo do PP se Casado imponse a Sáenz de Santamaría.

Na súa intervención, o candidato defendeu a necesidade de brindarlles a oportunidade de elixir ao seu próximo líder igual que os militantes puideron votar na primeira volta. "Os militantes votaron sabendo que era unha selección previa para un Congreso. Se cadra non votasen o mesmo noutro caso", puntualizou ante a insistencia de Santamaría de unir candidaturas para evitar a elección nas urnas.

Iso si, nun discurso interrompido varias veces polos aplausos e con berros de 'presidente', Casado asegurou que traballará para lograr unha integración "real" após o Congreso se resulta elixido e reivindicou o legado co que chega até este punto, cun traballo como vicesecretario de Comunicación durante anos difíciles, indo "aos estudios aos que ninguén quería ir e dando as roldas de prensa que ninguén quería dar".

Neste punto, Casado proclamou ante o auditorio os principios que ao seu xuízo debe enarborar o PP para recuperar a confianza dos cidadáns, tales como a vida, a familia, a unidade de España ou a loita contra o terrorismo. "Preséntome para enarborar os principios que nos deron sentido, para reivindicar os valores que son a nosa columna vertebral, volver ás ideas que nos converteron nunha forza política imparable", salientou logrando levantar en varias ocasións unha onda de aplausos do público.

CONQUISTA DE TABARNIA

En primeiro lugar, subliñou que o PP é "o partido da liberdade" e das persoas, ás que "non colectiviza" senón que trata de maneira individualizada. E neste bloque incluíu a baixada de impostos, a innovación, o emprendimiento e mesmo a liberdade noutros países como Venezuela, Nicaragua ou Cuba. Pero ademais puxo o foco na súa defensa "sen complexos" da vida e a familia. "Iso non é dereitas nin de esquerdas, é a base social de calquera país", reivindicou insistindo en que "non hai nada máis progresista" que defender a vida, a natalidade, a conciliación á vez que anunciou a súa oposición a unha lei da eutanasia por "inxusta e innecesaria" e criticar a lei do aborto do Goberno de José Luís Rodríguez Zapatero.

En canto a España, definiu un país "plural, diverso, unido, forte, cohesionado e vertebrado" e asegurou a súa defensa do país "coa mesma firmeza" que tivo o expresidente Mariano Rajoy á hora de afrontar o desafío secesionista de Cataluña, onde apelou á recuperación da chamada Tabarnia e "liderar a España das bandeiras e os balcóns". Tamén abordou a corrupción lembrando as medidas adoptadas tanto no Congreso para "sancionar e previr" estas prácticas como as decisións internas. Pero tamén avisou de que fará "que se respecte ao PP". "Xa basta de xuízos paralelos e dobres condenas", advertiu.

FEIJÓO, "ORGULLO" DE PRESIDENTE

Casado se presentou ante os compromisarios "como uno máis" --mostrou o seu carné de afiliado-- e tivo palabras para o resto de candidatos que optaron á Presidencia, destacando o seu agradecemento á até agora secretaria xeral, María Dores de Cospedal, por dar " a cara nas peores circunstancias polo partido".

Neste contexto, dirixiuse tamén a todas as comunidades autónomas e detívose especialmente na Galicia de Alberto Núñez Feijóo, a quen eloxiou por renunciar aos seus intereses "persoais" para estar en Galicia. "Que orgullo de presidente tedes en Galicia. Garántovos que non o terei lonxe e insistirei para que siga sendo a referencia nacional imprescindible que todos queremos", dixo sobre o presidente da Xunta, quen evitou durante o proceso mostrar o seu apoio expreso a un candidato.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Ortiz

Católico, español, defensor de la familia, contrario al asesinato de inocentes, sea mediante el aborto o la eutanasia... Mi pésame a los fans d Gramsci.

1 Ouveos españolistas

Natural, que o Partido corruPPto sexa dirixido por un personaxillo saído da tertulia, monigote da ultradereita fascista españolista, que lle regalaron un currículo á medida para triunfar na política clientelar e obedecer os oligopolios e a igrexa que ampara pederastas e mira para outro lado para esconder os mortos que cada día caen no Mediterráneo... O teu pésame debería ir para Ciumarranos, a competencia vai ser feroz.

2 Ortiz

Sobre todo o pésame polo cabreo q tes... Aos únicos q lles fai xeito Casado é a Potemos. Para PSOE e Cs é letal. Boto en falta dúas cousas:1) Unha modificación constitucional, se preciso fora, para evitar q os antisistema poidan traballar para o Estado q queren destruir. Non con efecto retroactivo, claro. 2) políticas similares ás d desnazificación para comunistas, nacionalistas, e calquera outro que non preste unha inquebrantable adhesión á Constitución. Non ilegalizalos, pero facer ver á xente q o cumunismo é o mal, e o nacionalismo menoscaba a cidadanía

3 Magdalenas

Pinpín neofascista, non te enteras: Podemos e Pedro Sanchez están celebrando a victoria de Casado! Por que será? Os de Casado son especialistas en normas legais retroactivas, provocando inseguridades xurídica e arruinando internacionalmente a Marca España (repasa os tribunasis de arbitraxe, o Estado español vai camino de ser peor que Venezuela, a cosa odiada!). E non toques o nacionalismo, cando ti es un monigote ultranazionalista (españolista, claro, de los buenos, verdaderos y de misa diaria!), a ti préstache a adhesión aos principios do Movimiento Nacional (por cobardía non o fas público e agáchaste baixo unha constitución inspirada polos militares franquistas).

3 Fuilo

Outra derrota de Baltar, e outra victoria de Fejoo

2 O. Bejarano

Como estaba previsto José María Aznar ganó la presidencia del PP

1 Mazaira

Pois levao contigo para Madrid, por favor.