En Marea reclama "xustiza"e o PSdeG espera que a comisión sobre o Alvia "chege ata o fondo"

Luís Villares, reivindicou para as vítimas de Angrois "memoria, verdade e xustiza" en véspera de que se cumpran cinco anos do accidente que se cobrou 80 vidas no barrio compostelán de Angrois. Leiceaga pediu ao Goberno central que "poña en marcha todos os mecanismos que cubran os déficits existentes nos sistemas de seguridade das liñas" ferroviarias.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2018 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

Nunha comparecencia de prensa celebrada este luns en sede parlamentaria, o portavoz parlamentario de En Marea, Luis Villares resaltou que a posta en marcha da comisión que investiga no Congreso o sinistro do Alvia debe servir para "explicar que pasou" e "depurar as responsabilidades políticas".

Luís Villares de En Marea. EN MAREA
Luís Villares de En Marea. EN MAREA | Fonte: Europa Press

Ademais, incidiu en que os "responsables" do sinistro "deben ser inhabilitados", como tamén "teñen que quedar inhabilitadas" as "présas e o oportunismo político" por inaugurar obras sen estar listas para a súa posta en marcha.

PSdeG PIDE CHEGAR "ATA O FONDO"

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, instou a que a comisión que investiga no Congreso o accidente do Alvia en Angrois "chegue até o fondo" e o faga "nun prazo razoable".  "Iso sería unha boa contribución á memoria das vítimas", asegurou Leiceaga a preguntas dos xornalistas durante unha comparecencia de prensa celebrada este luns, véspera do quinto aniversario do sinistro que deixou 80 mortos e máis dun centenar de feridos nos arredores de Santiago.

Así, após expresar a súa "solidariedade" coas vítimas do accidente, o socialista incidiu en que cinco anos despois "aínda hai asuntos por resolver". Deste xeito, mostrou a súa confianza en que a comisión de investigación no Congreso "chegue até o fondo para que se saiba que pasou cos sistemas de seguridade". O PSOE no ámbito estatal votou inicialmente en contra de que se crease a comisión investigación. Con todo, coa volta de Pedro Sánchez ao liderado do partido, os socialistas cambiaron o sentido do seu voto e favoreceron a creación da comisión.

Leiceaga confía en que este órgano "chegue ao final nun prazo razoable". Ademais, pide ao Goberno central que dirixe Sánchez que poña en marcha "todos os mecanismos que cubran os déficits existentes nos sistemas de seguridade das liñas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 villanias outro chuchas

agora o xuiz villanías pide xustiza despois de 5 anos, en expaña non ha tal cousa, xustiza de que? todos sabemos o que pasou por adiantar un-ha obra totalmente retrasada, que acumula mais retrasos, que esta durmindo no caixon todo, 14 anos de retrasos de ave, chaman despois ave a un tren de velocidade rápida, canto conto, canta mentira... o pepino branco os outros do centralismo mesetario a untada de malicia (complice de todolos crimes) e todo un-ha vergonza un-ha farsa pois a marea de mandriles non pode facer nada e inoperante viven do conto do titular facil, caída en intereses de empresas e moito menos podemos esperar do seu adalide number one na Galiza o xuiz villanías (video do xuiz) - https://www.youtube.com/watch?v=ojg...