Temas: GAITAS A CORUñA

Gaitas marciais, e non auténticas galegas, soan nos eventos deportivos da Coruña

O Colectivo en Defensa da Gaita tilda de "vergoña" que a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense "pretenda amosar ao mundo que a súa música é galega, cando é todo menos iso". "As súas gaitas, percusións, estética e vestimenta non nos representan", engade.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/07/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

"Malestar e indignación" polo convite a certos eventos deportivos á Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, "unha formación musical pseudo-galega que semella máis de Escocia que de Galicia e que dá unha imaxe errónea e confusa da nosa música alá por onde actúa". Estes son as críticas que o Colectivo en Defensa da Gaita (CDG) traslada a través dun escrito no que critica o uso de gaitas marciais.

Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense
Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense | Fonte: Real Banda

Considera, pois, "inaceptable" esta "teima inxustificada" de invitar a esta banda que emprega "elementos copiados e inspirados nas bandas de gaitas escocesas". Desta maneira, manifesta a súa crítica aos organizadores e colaboradores dalgúns eventos deportivos con repercusión a nivel estatal que dende hai uns anos veñen celebrándose na cidade da Coruña. O último caso aconteceu na Final do Campionato Europeo de Hockey sobre patíns. "É unha vergoña que esta agrupación pretenda amosar ao mundo que a súa música é xenuinamente galega, cando é todo menos iso. As súas gaitas, percusións, estética e vestimenta non nos representan", engade o CDG.

Ademais, o Colectivo lembra que na Coruña e en moitos outros lugares de Galicia existen bandas de gaitas e agrupacións musicais que si soan a galego e que empregan elementos musicais propios da nosa terra, "sen ter que recurrir a copias mal feitas". Asegura que "non é necesario asumir como propio un modelo alleo nin amosar un incomprensible complexo de inferioridade con respecto a outras culturas". Por todo isto, piden "respecto para a nosa música unha vez máis".

Temas: GAITAS A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

3 Dubi Baamonde

A "Real Banda" o que representa sigilosamente é o ideário da ultradireita carlista que figura no seu próprio escudo: Patria, Dios y Rey

1 Fran Correa

E hai moito rexionalista facéndolles coros!

2 Xanti

Son gaitas marciais, non escocesas. Se por toda esta panda de talibáns fose non se tocarían jotas ou polkas porque non son galegas. A cultura evolúe, e poden convivir proxectos como a banda da Deputación con bandas máis apegadas a tradición sempre e cando se teña isto en conta. Ao final Seivane e cia o que semella que fan é laiarse por non vender gaitas...

1 Antón

Que máis dá que se chamen gaitas marciais se son tal cal as escocesas? E a parafernalia pseudomilitar dos seus desfiles, igualiña que a das bandas militares daquelas terras. Unha cousa é que a cultura evolúa e outra, moi distinta, que se substitúa. As polcas, pasodobres, mazurcas foron músicas foráneas que se adaptaron ao gusto e instrumentacións galegas. Non mesturemos allos con bugallos. En canto á vestimenta, os homes teñen un pase, as mulleres van cun casquetes portugueses, uns refaixos imitación dos coruñeses que nada teñen que ver cos ourensáns, e con saias lambidas, ademais de iren de loito rigoroso, o que estaría en total contradición con ir por aí tocando.

2 Xanti

"As polcas, pasodobres, mazurcas foron músicas foráneas que se adaptaron ao gusto e instrumentacións galegas. Non mesturemos allos con bugallos". Mimá que contradicción, e que carallo son as bandas de gaitas galegas senón unha adaptación galega das bandas escocesas????? Podes dicirme onde carallo está o problema??? Xa Santalices comentaba con sorna que había moito talibán en contra das jotas, e con isto pasa o mesmo. As gaitas da deputación nin soan igual, nin teñen o mesmo tipo de fol, nin a mesma afinación, nin soan igual cas gaitas escocesas, non inventes. Estamos nas mesmas. Sempre e cando se teña en conta qué é tradicional e qué non é tradicional a mín paréceme que fan un bo traballo.

3 Repunantinho

Nin te esforces, Xanti. Os do CDG teñen que facerse notar cada certo tempo, se non non lles vai ben. Até se deron ao luxo de criticar as bandas de gaitas asturianas, que mira ti que nin lles vai nin ben, ou se tal músico ou tal outro tocaba unha gaita así ou doutra maneira. En fin, que o que hai fondo non é, como de costume, un tema identitario ou estético, senón meramente económico, por non variar, aínda que os "gardiáns da tradición" se gusten moito a si mesmos dando estes titulares (e non, non son "gaitas escocesas", e quen diga iso dubido muito que saiba o que é unha gaita)

1 anonimo

Pero en La Coru, jo, o sea, ¿le interesan a alguien las ruraladas o las competiciones que tengan sobre cuál es la Galicia más profunda?

1 María Xestal

Na Coruña nacen as Irmandades da Fala e posúimos bandas de gaitas e grupos con recoñecemento mundial. O que fagan uns dunha determinada federación non é exemplo do traballo das coruñesas e coruñeses en prol da nosa cultura

2 Repunantinho

Oh, unha piada sobre o pijerio coruño, que orixinal! Déanlle un peso, creo que ben o gañou.