Coren admite a máis de 1300 falsos autónomos como traballadores do seu plantel

Os traballadores prestaban servizos en empresas do grupo cárnico a través da falsa cooperativa Servicarne. A incorporación farase logo de máis de dez anos desde as primeiras denuncias individuais que acabaron en inspeccións laborais obrigando á incorporación destas persoas ao grupo Coren.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2018 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

A falsa cooperativa Servicarne fora denunciada diante da Inspección de Traballo e agora Coren anuncia a integración como persoal fixo de 1.350 traballadores e traballadoras. Esta resolución comezará a ter efecto a partir do día 1 de agosto. As empregadas e empregados estaban traballando para diferentes empresas do grupo. 

Planta de COREN en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense)
Planta de COREN en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense) | Fonte: GC

“Hai seis meses que a Inspección Estatal de Traballo fixo un estudo sobre Servicarne que levou á conclusión de que non era unha cooperativa e que os traballadores eran falsos autónomos” di Víctor Ledo de CC OO Industria. “En total había sete empresas en Galicia que tiveron que dar de alta a estes traballadores e traballadoras na Seguridade Social dentro do Réxime Xeral como indefinidos” apunta Ledo, “pero ao pouco déronos de baixa e quixeron volver ao réxime de autónomos”.

Ante isto, Inspección de Traballo realizou unha nova acción para a contratación destas persoas como empregados e empregadas no réxime xeral. Logo dunha serie de negociacións e tirapuxas nos tribunais, finalmente Coren decide convocar unha reunión na que comunica a contratación polo Réxime Xeral dos máis de 1.300 traballadores e traballadoras. As contratacións serán indefinidas e fixas. “Ademais, estas persoas poderán reclamar as súas cotas de autónomos por un período de catro anos” apunta Víctor Ledo.

A noticia chega no medio dunha campaña a nivel estatal por parte de Comisións Obreiras, para combater a fraude que supón traballar baixo o réxime de autónomo sen respectar as características desta figura contractual. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 oportunismo sindical

http://cig.gal/nova/a-falsa-coopera... a complicidade de CCOO e UGT, “que miran cara a outro lado, cando non se posicionan coas empresas, como sucedeu no caso das mobilizacións de Frigolouro cando pedíronlle ao persoal que abandonase as protestas tras a ameaza da empresa de que non ían pagar as nóminas”