Nace "Díxome, Díxome", unha publicación para amosar o potencial do audiovisual galego

O audiovisual galego conta, desde este mes de xullo, cun novo espazo informativo co obxectivo de contribuír a que se consuma máis audiovisual feito en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/07/2018 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

O Clúster do Audiovisual galego ten agora un lugar propio: "Díxome, Díxome". Un lugar que aspira a converterse nun "reflexo de todo o que  está a acontecer no sector, recollido nunha publicación que coida o deseño e a maquetación, e onde a fotografía goza dun gran protagonismo".

Portada de 'Díxome, Díxome'
Portada de 'Díxome, Díxome' | Fonte: Cedida

A publicación ten periodicidade trimestral e conta con seccións moi diversas, conformando un espazo editorial amplo "para darlle visibilidade aos proxectos e creacións dos profesionais que desenvolven o seu traballo en Galicia". Na revista, afirman,  teñen cabida a información, a formación e a innovación.Converténdose así nun espazo informativo e de entretemento, pero tamén en "taboleiro, axenda, plataforma e mesa de debate". En definitiva, contidos moi diversos para poñer en valor tanto aos que están diante da cámara como aos que están detrás dos focos. 

O Clúster Audiovisual Galego é unha alianza empresarial integrada por máis de 30
compañías
que interveñen en toda a cadea de produción. O Clúster promove sinerxias,
xera negocios, é clave para a innovación e fixa obxectivos comúns para impulsar o
desenvolvemento dos seus asociados. E agora da un paso máis con este novo proxecto
editorial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta