O Concello de Santiago o Goberno central abordarán a construción da nova depuradora este venres

Javier Losada destaca que "o resto de accións" da Administración central na capital galega "van por bo camiño".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2018 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

O goberno de Santiago viaxará a Madrid este venres para reunirse con representantes do Ministerio de Medio Ambiente co obxectivo de abordar a construción da nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR). Así o confirmaron o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e o alcalde compostelán, Martiño Noriega, que este luns mantiveron o seu primeiro encontro desde que o exregidor herculino asumise o cargo de representante do Estado na Comunidade galega.

O delegado do Goberno, Javier Losada, e Martiño Noriega. AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO
O delegado do Goberno, Javier Losada, e Martiño Noriega. AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Deste xeito, o goberno compostelán reunirase o vindeiro venres 3 de agosto co secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán. Alí, exporán o proxecto municipal para a renovación e ampliación da actual planta da Silvouta como alternativa á localización de O Souto. "É xusto recoñecer cando hai institucións que colaboran para facilitar estas reunións que en condicións normais atrasaríanse até setembro", asegurou Noriega. E é que o cambio de localización para a nova planta foi rexeitado polo Goberno central durante a etapa do PP.

"Estou convencido que serán escoitados e, se se pode facer, ir da man. Porque creo que os problemas, os proxectos e as actuacións canto mellor sexan consensuadas máis fácil é facelo", incidiu Javier Losada.

OUTRAS ACTUACIÓNS

Doutra banda, no encontro deste luns, Losada e Noriega tamén abordaron outras actuacións da Administración central na capital galega, como a construción da autovía a Lugo, a ligazón orbital, a conexión da AP-9 coa Cidade da Cultura e a estación intermodal. O delegado do Goberno afirmou que todas elas "van por bo camiño" e destacou que Moncloa "deu pulo" á autovía con Lugo para que estea lista en 2021, ano do próximo Xacobeo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta