Xornalista españolista carga contra a Xunta por non comunicarse en castelán e chama "fascista" ao director de Galaxia

Luis del Pino, director do programa 'Sin Complejos' en esRadio —editado por Libertad Digital—, ataca o Goberno galego e o PP por non usar o español na canle oficial da Xunta en Twitter, e carga contra todos os que defenden que o Executivo galego se exprese na lingua propia do país. Ao director de Editorial Galaxia dille que se move no "fascismo lingüístico".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/08/2018 | Actualizada ás 21:42

Comparte esta noticia

A Luis del Pino coñéceselle pola fotografía do seu avatar coa cara pintada coa bandeira española e por ser parte do que se chama "caverna mediática española", á dereita da dereita política. Na súa particular cruzada contras a linguas propias das comunidades históricas, Pino emprendeu un ataque frontal, case sádico, contra a lingua galega e a Xunta de Galicia, a cal, malia estar en mans do Partido Popular, non é o españolista que cabería pensar... na mente deste xornalista cavernoso.

Cruce de chíos entre Francisco Castro (director de Galaxia) e o xornalista Luis del Pino.
Cruce de chíos entre Francisco Castro (director de Galaxia) e o xornalista Luis del Pino.

Pino, que é director do faladoiro político 'Sin Complejos' en esRadio —editado por Libertad Digital, altofalante da ultradereita española liderado por Federico Jiménez Losantos—, non tivo outra ocorrencia que perder o seu tempo esixindo á Xunta que publique en español na súa conta de Twitter. 

"No falla: es criticar el hecho de que la Xunta de Galicia ignore el español en sus tuits, y salen todos los talibanes del separatismo gallego más radical a insultarte y a defender que Feijóo excluya el español. Quod erat demonstrandum", publicou onte, xoves, Pino na súa conta en Twitter, con copia da mensaxe para Pablo Casado, presidente do Partido Popular.

Días antes, o xornalista da caverna xa publicara este outro chío: "Número de tuits en español publicados por la Xunta de Galicia desde que Pablo Casado se hiciera con las riendas del PP: ninguno. Exactamente igual que antes. Liderando la España de los balcones y tal".

A provocación de Pino recibiu numerosas mostras de apoio desde toda España, pero tamén respostas de moitos usuarios de Twitter que defenderon o que é lóxico: que a Xunta debe comunicarse en Twitter na lingua propia do noso país.

Entre os que aportaron argumentos contra Pino estaba o director da Editoria Galaxia, Francisco Castro, quen lle respondeu: "Pero como a Xunta vai facer iso en castelán??? O normal é que o twitter da Xunta sexa en galego. O normal. O anormal sería que non o fixese. Vostede ou descoñece a lóxica lingüística ou, témome, se la repanfinfla". 

Ao que Pino contestou: "Su fascismo lingüístico no me interesa, buen hombre".

Foi nese momento cando entrou na conversa o alcalde de Lalín, Rafa Cuíña, quen espetou a Pino: "Le llama “buen hombre” al director general de Galaxia? Una editorial ejemplar??".

No seu xa clásico e pesado ton déspota, o xornalista dixo a Cuíña, sobre Francisco Castro: "Como si dirige la ONU. Quien pretende negar a los demás sus derechos demuestra no respetar a los demás".

Segundo Luis del Pino e os seus correlixionarios, a Xunta, gobernada polo PP, tira cara ao nacionalismo galego. Semella unha mala broma dos nacionalistas españois.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Hispaniya

O bastardismo hispaniol non cesa coa sua fedorenta bosta yihadista... Desas deficiencias durante a reconquista estes malfalados fillos das 1001 porcas mouras parlantes de subsubdialectos condáis de lexendarios e non menos fedorentos airiños arabizantes. Oink oink ó quinto pino non había que mandar a este FDP senón á sua terra natal: África.

1 Vijo

Habiendo dos lenguas oficiales lo evidente y justo sería que las comunicaciones oficiales de la Xunta se hicieran en los dos idiomas. Sin embargo, Feijóo en estos temas está vendido al nacionalismo gallego. En cuanto al de la Editorial Galaxia ya sabemos de que vive y cual es su radical ideología.

1 xos

Xa que utilizas o nome da miña cidade para identificarte, dicirche que como vigués son completamente favorable ao uso único do galego nas comunicacións que realice. Ou iso, ou xa que "Habiendo dos lenguas oficiales lo evidente y justo ..." estés a favor do uso do galego nas cadeas estatais de televisión e radio para emitir en Galicia, dos xornais que publican aquí, das radios, etc etc Se queres negociamos,

2 teutonio

Habendo unha lingua propia, minorizada en perigo de extinción, con moito menos prestixio é evidente e xusto primar as comunicacións oficiais da Xunta nun idioma. Pola contra, hai "galegos" roñicas que até este pequeno privilexio lles molesta. Tratar de maneira igual a quen non o é é inxusto, e neste caso os galegofalantes temos moitas máis dificultades pra acceder a información na nosa lingua, empregala en calquera contexto, non ser prexuzgados por facelo, etc. Usar o galego pra estas accións dalle prestixio e axuda a normalizar o idioma.

3 Fendeferro

Habendo catro linguas oficiais no Estado, o lóxico é que todas as comunicacións do Goberno central se produzan en todos os idiomas oficiais.