Ferida unha octoxenaria ao ser atacada por catro cans dun veciño na Estrada

A Garda Civil asegurou que un do catro cans tería que cumprir a normativa de cans perigosos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2018 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

Unha muller de 89 anos resultou ferida na Estrada (Pontevedra) despois de ser atacada por catro cans que, segundo confirmaron fontes da Garda Civil, pertencían a un veciño.

PAC da Estrada
PAC da Estrada | Fonte: EP

Os feitos ocorreron ao redor das 12,40 horas do domingo na parroquia de Trabadela. A octoxenaria xa se atopa no seu domicilio tras ser trasladada ao Hospital Clínico de Santiago polas feridas causadas.

A Garda Civil asegurou que un do catro cans tería que cumprir a normativa de cans perigosos. O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) instrúe dilixencias polo ocorrido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta