A Deputación de Lugo avanza que xa traballa na intervención administrativa de Suplusa

Baralla a súa "disolución" se obteñen a maioría do pleno, pero non basta cos apoios de PSOE e BNG

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2018 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

A deputada de Cultura da Deputación de Lugo e conselleira de Suplusa --a sociedade do chan provincial--, Pilar García Porto, avanzou este venres que xa se traballa na "intervención administrativa" da devandita entidade, que preside o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, ao que apoia o grupo maioritario do PP.

Manuel Martínez xunto á sede de Suplusa en Lugo.
Manuel Martínez xunto á sede de Suplusa en Lugo.

Dita sociedade do chan, sobre todo a xestión das residencias para maiores que programa a institución provincial, foi a que provocou a ruptura de Martínez co grupo socialista e a súa saída do goberno como vicepresidente. Agora forma parte do grupo de non adscritos. Esta situación foi agravada polo atraso no pago das nóminas aos 29 traballadores de Suplusa e pola renuncia da interventora da sociedade do chan.

Neste contexto, García Porto precisou que desde o goberno se barallan dúas posibilidades. Por unha banda a "disolución", que sería máis difícil dado que se tería que contar coa maioría absoluta do pleno, que non se dispón agora ao sumar trece deputados o grupo popular e Martínez (doce máis un) fronte a dez do PSOE e dous do BNG. A outra saída sería a intervención administrativa. Aínda que o proceso máis sinxelo, asume Porto, "sería unha disolución, pero para iso habería que contar co apoio do PP" e senón pasarase "a unha intervención administrativa", esboza.

FACER SUPLUSA "ÚTIL"

Dita intervención suporá que "os funcionarios pasarían a facerse cargo da entidade provincial para facela útil", un proceso "fácil de entender", que "pasa habitualmente na administración pública e un exemplo claro é o que pasou coa Cámara de Comercio (de Lugo), que houbo unha intervención administrativa por parte da Xunta".

Aínda que o proceso de "disolución" sería máis rápido, Pilar García Porto puntualiza que a "intervención" podería estar tamén resolta nun prazo duns dous meses.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta