Traballadores da zona azul de Vigo retoman a folga indefinida

Os traballadores do servizo de Xestión do Estacionamento Regulado denuncian a a actitude "inmobilista, reaccionaria e antisindical" de Dornier, a empresa concesionaria.

Por E.P. | VIGO | 04/09/2018 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

Os traballadores do servizo XER (Xestión do Estacionamento Regulado) ou zona azul de Vigo anunciaron que retomarán a folga indefinida iniciada a principios de agosto, que suspenderan cando levaban poucos días de paro para negociar coa empresa.

Zona azul.
Zona azul.

Segundo confirmou o sindicato UGT, os representantes do cadro mantiveron unha mediación coa empresa concesionaria do servizo (Dornier) para tratar de reconducir o conflito, iniciado após o despedimento de 8 traballadores (un mes despois de que a empresa se fixera co servizo en concurso público).

O sindicato denunciou a actitude "inmovilista, reaccionaria e antisindical" de Dornier, e confirmou a decisión do cadro de retomar o paro.

A subrogación dos traballadores após a nova adxudicación é unha condición obrigada, polo que, despois dos despedimentos e as protestas do cadro de persoal, o Concello de Vigo abriu un expediente á empresa.

Segundo se recolle no propio prego de condicións da adxudicación, unha infracción desta natureza pode desembocar nunha sanción de entre 6.001 e 12.000 euros, pero o goberno municipal xa advertiu de que non descarta mesmo rescindir o contrato con Dornier.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta