Plataformas ecoloxistas e veciñais recuperan a figura do combativo cura das Encrobas contra os megaproxectos industriais

Tarde cultural e reinvindicativa no Museo do Pobo Galego en lembranza de Moncho Valcarce e a súa loita contra a central de Meirama nun acto organizado pola Plataforma Mina Touro – O Pino Non e a Irmandade Moncho Valcarce.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/09/2018 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

A Plataforma Veciñal Mina Touro  - O Pino Non, xunto coa Irmandade Moncho Valcarce organizaron este martes unha xornada reivindicativa en torno a figura deste cura combativo, reivindicativo e protector dos máis débiles.  “Moncho estaría aquí hoxe berrando Mina Non”, suliñou Gumersindo Campaña Ferro, membro da Irmandade.

Acto reivindicativo en contra da mina de Touro - O Pino coa figura do reivincativo cura das Encrobas, Moncho Valcarce
Acto reivindicativo en contra da mina de Touro - O Pino coa figura do reivincativo cura das Encrobas, Moncho Valcarce | Fonte: Mina Non

Aproveitando a exposición “Moncho Valcarce: Unha vida de compromiso con Galiza”, que permanecerá no Museo do Pobo Galego ate próximo día 16 de setembro, realizouse unha visita guiada a esta mostra e diferentes actos reivindicativos. As visitas,que foron guiadas por Xácome Santos e Gumersindo Campaña Ferro, da Irmandade, deron paso a un  acto de homenaxe a Ramón Valcarce Vega, que destacou pola súa implicación en conflictos coma o das Encrobas, nos que a central de Meirama foi instalada nas terras dos campesiños con condicións abusivas e indemnizacións insignificantes. 

Posteriormente tivo lugar un recital, presentado por Iolanda Aldrei, e interpretado en lingua de signos por Natalia Navaza e Irene Rivas. O acto abriuse coa música do grupo OGhusto do Boi, para dar palabra adiversos persoeiros da escritura e música galegas: Xose Antón Bocixa, Luz Fandiño, Leo Arremecághona, Laura Rey Pasandín, Ramiro Vidal, Concha Rousia, Ce Barbosa, Goretti Sanmartin, Teresa Ramiro, Adela Figueroa, Alfredo Ferreiro, Susana Aríns, Marilar Alexandre, Rochi Nóvoa Vázquez, Verónica Martínez, Arturo Vázquez, Antom Laia, Séchu Sende, Petri Daza, Sapoconcho, García Mc ou Andrea Nunes Briom.

Ademáis da Plataforma Veciñal Mina Touro–O Pino Non, estiveron representacións doutras organizacións, adicadas á defensa e coidado do seu entorno natural, coma son: Plataforma de afectados polo vertedoiro Santiago de Compostela - Miramontes, Non eólicos en Ordes, Contra o vertedoiro de Lesta, Plataforma Casalonga Limpa de Residuos e Salvemos as fragas de Catasós..

Segundo os organizadores do acto, todas estas entidades, ademáis de recordar e resaltar a figura do homenaxeado, “e os seus valores de solidariedade, confraternidade e compromiso coa defensa da terra e das persoas”, deron o seu apoio á labor desempeñada pola Plataforma organizadora do acto, na súa loita contra o polémico proxecto de megaminería de cobre a ceo aberto situado nos concellos de Touro e O Pino, 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta