Colle músculo a plataforma en contra do parque eólico que afectará a Carballo, Coristanco e Santa Comba

A Plataforma NON Eólicos Bustelo – Campelo – Monte Toural oponse a este novo proxecto de 27 xeradores de 180 metros de altura nunha zona con varios núcleos de poboación e paraxes de gran importancia paisaxística.

Por Galicia Confidencial | Carballo | 05/09/2018 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

Plataforma NON Eólicos Bustelo – Campelo – Monte Toural. Este é o nome dunha nova plataforma que se opón á instalación de novo parque eólico que afecta aos concellos de Carballo, Coristanco e Santa Comba. Esta nova entidade denuncia o impacto negativo para a saúde e para o medio ambiente deste proxecto e o gran impacto visual que tería a instalación destes aeroxeradores de 180 metros de altura.

Zonas de afección do parque eólico  Bustelo – Campelo – Monte Toural
Zonas de afección do parque eólico Bustelo – Campelo – Monte Toural

Por iso, este martes convocou aos veciños a unha xuntanza que tivo en Coristanco e na que se explicou as consecuencias do parque eólico. Para iso, espuxéronse imaxes a escala do territorio afectado cos “muíños” marcados na correspondente situación prevista, seguindo as coordenadas descritas pola empresa promotora dos proxectos eólicos. 

Por outra banda, a Plataforma está a tomar contacto con representantes das distintas agrupacións municipais dos concellos afectados. Neste sentido, tamén se iniciou o proceso de recollida de sinaturas para amosar o rexeitamento a un proxecto que pretende instalar un total 27 xeradores de 180 metros de altura nunha zona con varios núcleos de poboación e paraxes de gran importancia paisaxística e medio ambiental.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta