Un cento de persoas foron condenadas por delitos sexuais en Galicia o pasado ano

Aumentaron os adultos e menores condenados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2018 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

Os galegos adultos condenados cometeron 19.947 delitos en total, un 7,8% máis que o ano anterior. Houbo 100 condenados por delitos sexuais. A distribución por sexo en Galicia mostra unha ampla maioría de homes condenados (11.610) fronte a mulleres (2.511).

Menores condenados en Galicia en 2017
Menores condenados en Galicia en 2017 | Fonte: Europa Press

De feito, houbo un incremento en 2017, do 4%, e alcanzou o total de 14.121 (eran 13.581 un ano antes). Aquí, a taxa é de 6,1 adultos condenados por cada 1.000 habitantes, o que deixa a Galicia como a cuarta con cifras máis baixas Castela-A Mancha (5,5), Castela e León (5,5) e Aragón (6). No outro extremo, á cabeza está Comunidade Valenciana (8,8).

MENORES

Por outra banda, o número de menores condenados por sentenza firme aumentou un 12,6% en 2017 en Galicia até 428 (eran 380 un ano antes), segundo os datos publicados este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Con todo, Galicia continúa en 2017, após Madrid, como segunda comunidade con menor taxa de menores condenados, con cinco por cada 1.000 habitantes de entre 14 e 17 anos. No outro extremo, Baleares está á cabeza con 11 por cada 1.000.

Este aumento de condenados en Galicia (+12,6%) é superior ao crecemento medio rexistrado en España (+5,5%). Esta estatística do INE comezou a facerse en 2013 e desde entón producíronse tres anos consecutivos (2014, 2015 e 2016) de baixadas, polo que en 2017 ten lugar o primeiro repunte desde que hai cifras.

Tamén van á alza os delitos polos que foron condenados, 708 (+12,6%), así como as infraccións penais (foron 726 en 2017, un 9,8% máis que en 2016). En cambio as faltas baixan até case a metade e quedan en 18. Dos 428 condenados na Comunidade galega, 325 son mozos e 103 mozas. Lesións, roubos e furtos foron os principais delitos. Ademais, houbo seis menores condenados por delitos sexuais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta