A Xunta destaca que Galicia "lidera a caída do paro"

Suliña que "encadea cinco anos de baixadas consecutivas de paro, desde novembro de 2013, situándose a niveis de fai nove anos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2018 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

A Xunta destacou este martes que Galicia lidera a caída do paro en España ao peche de setembro, con 17.737 parados menos que un ano atrás, un descenso interanual do 9,64%. Resalta, a través dun comunicado de prensa, que esta baixada é "case o dobre" que a rexistrada no mesmo mes de 2017 con respecto ao mesmo período de 2016.

Covadonga Toca. EUROPA PRESS - Archivo
Covadonga Toca. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Engade, así mesmo, que é tres puntos e medio superior á media do estado, que se situou nun -6,09%. "Trátase, ademais, do terceiro maior descenso nun mes de setembro de toda a seria histórica, desde 1996", subliña.

Segundo reivindica a Consellería de Economía, nesta liña, a comunidade "encadea cinco anos de baixadas consecutivas de paro, desde novembro de 2013, situándose a niveis de fai nove anos".

Por iso, para a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, os datos "confirman un proceso de estabilización do emprego en Galicia", xa queas afiliacións "continúan crecendo" e aumenta a contratación indefinida e a tempo completo fronte á baixada experimentada na contratación temporal e a tempo parcial.

No que ten que ver coas cotizacións, Toca celebra que Galicia supera o millón de afiliados á Seguridade Social "por cuarto mes consecutivo". En canto a contratacións, na comparativa co conxunto estatal, indica que "o ritmo de subida" da contratación indefinida é superior en Galicia en máis de 6,1 puntos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta