Retencións na A-55 por mor dun accidente con tres vehículos en Mos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2018 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

Un accidente con tres vehículos implicados rexistrouse na mañá deste venres 5 de outubro, pasadas as 8,00 horas, na autovía A-55, ao seu paso polo Concello pontevedrés de Mos, e causou retencións na zona.

Atasco nunha estrada
Atasco nunha estrada

En concreto, segundo precisou o 112, como consecuencia do impacto, unha persona resultou ferida e foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Foi un dos condutores implicados no accidente o que se puxo en contacto co 112 Galicia para dar conta do sucedido. Ao instante, informouse o servizo local de emerxencias, 061-Urxencias Sanitarias e tamén aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta