Estabilizado o incendio de Mondariz e desactivada a medida de emerxencia de desaloxo de vivendas

A Xunta asegura que o lume xa está controlado. Na noite do domingo 60 veciños foron desaloxados mentres que houbo cruzamento de críticas entre o concello, que denunciou falla de medios aéreos, e a Xunta, que asegurou que o operativo foi "magnífico".

Por Galicia Confidencial | Mondariz | 08/10/2018 | Actualizada ás 09:50

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural desactivou a 'Situación 2' no incendio forestal xa estabilizado no concello pontevedrés de Mondariz, na parroquia de Sabaxáns, e afecta xa a 150 hectáreas.

Un traballador do BRIF loita contra o lume
Un traballador do BRIF loita contra o lume | Fonte: bombeiros forestais de Galicia

Esta situación operativa de emerxencia, que obriga ao desaloxo das vivendas, declarouse na tarde do domingo 7 de outubro pola proximidade do lume ao núcleo de Barro, na parroquia de Gargamala, e obrigou ao desaloxo de 60 veciños. Xa se desactivou porque non hai perigo para a poboación. A situación lembrou o acontecido na vaga de incendios de outubro.

O incendio comezou ás 18,17 horas da tarde do domingo 7 de outubro, quedando estabilizado ás 7,30 horas desta mañá de luns 8 de outubro.  No seu control traballan un técnico, 10 axentes, 32 brigadas, 21 motobombas, catro pas, un tractor e 10 helicópteros. Están tamén actuando os efectivos da AUME, a Unidade Militar de Emerxencias, e de Protección Civil, segundo precisou Medio Rural. E, segundo indicou o 112 Galicia esta mesma mañá de luns, un vehículo de apoio e unha unidade do Grupo Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias tamén participaron na extinción do lume.

No seu control traballan un técnico, 10 axentes, 32 brigadas, 21 motobombas, catro pas, un tractor e 10 helicópteros. Están tamén actuando os efectivos da AUME, a Unidade Militar de Emerxencias, e de Protección Civil, segundo precisou Medio Rural.

DESALOXO DOS VECIÑOS ESTE DOMINGO

Ao redor de 60 veciños do lugar de Barro, no municipio pontevedrés de Mondariz, concentrábanse este domingo na zona da igrexa tras ser evacuados das súas casas debido á proximidade das chamas do incendio forestal que se declarou na parroquia veciña de Sabaxáns e que obrigou a decretar a 'situación 2', que supón que o lume pode afectar gravemente á poboación e aos bens de natureza non forestal.

Incendio en Mondariz
Incendio en Mondariz | Fonte: @Galizacontrainfo

A tenente de alcalde de Mondariz, Mónica Peralba, que se desprazou até o lugar, explicou a Europa Press que as chamas chegaron a estar "a 30 ou 50 metros das casas". "Estaban á beira", salientou. E denunciou a escaseza de medios aéreos cando se declarou o lume. Tamén se trasladou até a zona o conselleiro do Medio Rural, José González Vázquez, que dixo que a reacción ao incendio fora “magnífica” por parte da Xunta.

Ademais, a tenente de alcalde indicou que Barro é un lugar de rúas estreitas, o que dificulta a evacuación da poboación, na súa gran maioría "xente maior, que vive soa". En calquera caso, dixo que todos os veciños estiveron controlados e que non lles consta que ninguén dese a voz de alarma porque faltase alguén.

CONTROLADO O INCENDIO DE MUIÑOS, EN OURENSE

Por outra banda, permanece controlado desde as 16,55 horas do sábado 6 de outubro o incendio no concello ourensán de Muíños, na parroquia de Requiás, que afecta o parque natural do  Xurés.

O lume comezou o xoves ás 22,05 horas e afectou a 18,89 hectáreas de monte raso. Levan traballando no lume 16 axentes, 36 brigadas, 12 motobombas, unha pa, seis helicópteros e tres avións.

EXTINGUIDO O DA GUDIÑA

Por outra banda, tamén este luns conseguiu exinguirse o lume que comezou o domingo na Gudiña e no que arderon case 40 hectáreas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Este ano hai incendios, pero non a oleada tola doutros anos. E este incendio non é consecuencia da política forestal da Xunta,senón ( ! qué casualidade que todos os incendios empezen pola tarde - noite !) da acción de bestas pirómanas.