Marea de Vigo elixirá candidato para as municipais o 10 de novembro mediante primarias

Será no local da formación na rúa Camelias da cidade olívica e as persoas con dereito a voto só poderán exercelo de maneira presencial.

Por E.P. | VIGO | 18/10/2018 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

As candidaturas que se presenten a esas primarias faranse públicas o día 2 de novembro, data na que dará comezo a súa campaña interna. As persoas con dereito a voto poderán exercelo "só" de "maneira presencial" e demostrando a súa condición de censadas en Vigo. Estas condicións reflíctense nun documento elaborado este mércores nunha reunión celebrada polo grupo político no seu local.

Rolda de Marea Vigo.
Rolda de Marea Vigo.

Neste documento quedan establecidos os prazos para a presentación de candidaturas e os requisitos para aqueles que se presenten como "cabeza de lista", que terán que "asumir" o programa da Marea de Vigo e contar co aval de 10 membros dos "grupos de traballo" da formación.

Segundo trasladou Marea de Vigo, os concelleiros do grupo municipal Rubén Pérez, Marga López Barreiro e Xosé Lois Jácome participaron "activamente" na asemblea e presentaron "un resumo" da actividade realizada no Concello nos últimos meses. Rubén Pérez, portavoz no Concello, centrouse no proceso de redacción da novo PXOM de Vigo e na Ordenación Provisional do urbanismo da cidade, que será aprobado definitivamente nos vindeiros meses.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Como se pode comprobar... a repercusión do evento é multitudinaria! https://twitter.com/MareaVigo/statu...

1 Gamela

Ha ha ha... as persoas con dereito a voto? Dez avais? Imposible Dez son todos !!! Vanse votar a sí mesmos !!! http://www.galiciaconfidencial.com/...