As insinuacións de felacións entre a virxe e o apóstolo Santiago nun pregón de entroido chegarán ao xulgado

Foi admitida a querela presentada pola Asociación Española de Avogados Cristiáns contra o humorista e dramaturgo Carlos Santiago. "Houbo cualificativos eróticos e soeces que atentaban contra o Apóstolo, a Virxe María e a Señora do Pilar", denuncian.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 19/10/2018 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

Un xulgado de Santiago de Compostela admitiu a trámite a querela interposta pola Asociación Española de Avogados Cristianos contra o pregón do Entroido na cidade, no que o dramaturgo Carlos Santiago fixo alusións, segundo denuncian, “aos ovos” do Apóstolo e insinuacións sobre felacións da Virxe do Pilar ao santo.

O humorista Carlos Santiago durante o pregón do Entroido
O humorista Carlos Santiago durante o pregón do Entroido | Fonte: republica.com

A presidenta desta entidade, Polonia Castellanos, destacou que postura adoptada polo xulgado “é unha decisión procesual que forma parte do desenvolvemento lóxico da querela, sobre todo nun caso como este onde os indicios son claros”. “Esperamos que haxa unha sentenza condenatoria e que os políticos que fomentan este tipo de delitos asuman as responsabilidades”, dixo.

Nun comunicado destacou que “se estefeitos producíronse noutros países, como Alemaña ou Bulgaria, o castigo sería moito máis severo que en España”. A entidade decidiu querelarse contra o artista Carlos Santiago, por cometer un presunto delito de inxurias, de incitación á discriminación e contra os sentimentos relixiosos.

O pasado mes de febreiro, Santiago foi o encargado de dar o pregón de entroido de Santiago. O seu discurso, segundo a presidante dos avogados cristiáns causou “un importante balbordo na cidade e críticas cara ao Goberno local que dirixe o alcalde, Martiño Noriega”.

Avogados Cristiáns presentou a querela, agora admitida a trámite, ao entender que o dramaturgo difundiu, a través do seu discurso, burlas cara á Igrexa católica e “cualificativos eróticos e soeces que atentaban contra o Apóstolo, a Virxe María e a Señora do Pilar”. “Na praza do Obradoiro, había familias, con nenos pequenos, que comezaron a marchar ao escoitar as ofensas”, indica o comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 Xan García

Os mesmos que disculpan estos insultos e ofensas persiguen a Hazte Oir por sacar un autobús que conta o que todos sabemos.

5 Prisciliaismo for ever!!!

o que di de Alemania non e certo pois e país protestante e a virxe e o santiAGE serian declarados persoas non gratas o autentico cristianismo o protestante e serian queimados na fogueira... o santiAGE nunca estivo no estado expañol e a virxe do pilar e un puro conto para engañar chinos... ademáis saben que o san xose tampouco foi o país e a virxe tiña 13 anos e casouse xa gravida e que xesucristo tiña irmaos dun anterior matrimonio 3 e outros 2 coa maria e dous eran mulleres, ESTA TODO NA BIBLIA IGNORANTES PAPISTAS DO REIEZUELO DO VATICANO!!!!

4 Braisiño

Mentres non veñan firmar a denuncia os prexudicados, non debería haber problemas nin denuncia. Que país tan medieval-nacional-católico !!!!!

3 santiAGE non e santiAGE

no marco do entroido??? con todos os respeitos están tolos os dos tribunais??? non se dan conta do ridículo que están facendo??? o e cousa toda dun seitor opusday!!! señores os tres o santiAGE de componendas, a virxe do pilar (falsa virexe) son figuras imaxinarias coma papa Noel ou o incribel hulk, polo tanto non poden ter relación sexuais e si as teñen serian producto da mente, imaxinacions con forte quentura onanistica, QUEN ESTA NA CATEDRAL E PRISCILIANO E DEBERIA DEMOSTRARSE DEBERIAN DAR PERMISO A CIENCIA PARA EXAMINAR OS OSOS SOTERRADOS POLA PROBA DO C-14

1 Bloqueiro bloqueado

Gonzalo, xa sabemos que os talibáns do BNG sodes capaces de vos aliñar coa utradereita ferrolá, coas beatas fundementalistas da alfombra, cos anarcofachas da "insubmisa" ou coa prensa reaccionaria (COPE, LVG, ECG, OKInda...) con tal de ir contra as mareas, pero chega un momento no que facedes o ridículo e quedades retratados como o que sodes: uns sipaios resentidos.

2 SanSerapio

Yo me pregunto si no hay una manera más inteligente y elegante de hacer humor y hasta escarnio de estas cuestiones y no utilizar el desmadre del Carnaval para hacer apología de lo vulgar, soez y chabacano. Aunque no acabo de entender la razón de humillar a muchos creyentes al ofender sus sentimientos religiosos

1 liberdade de expresion

mais ofenderon sempre os católicos incluso queimaban a xente na inquisición ... incluso un dos mellores oradores que tivo a eirexa o portugués padre -VIEIRA da compañía de xesus, nas universidades expañolentas queimaron a sua imaxe (viviu entre Portugal e Brasil) e foi confesor da raina cristina de Suecia... señores on estou inventando nada, como era favorabel o rei portugués indenpendizado de expaña atraves da inquisición expaña quería matalo a un santo que estaba en conta da escravitude dos negros e de non oprimir os indios... asi e o catolicismo expañol non e cristia e I$i$ PURO- CON XESUCRISTO O CEO CO PAPADO O INFERNO!!!- en expaña os católicos soamente están por vivir dos cartos dos demais, non son cristians son farisaicos