O peche das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés chegará ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea

O comité europeo de empresas multinacional estadounidense inicia os trámites para presentar unha denuncia en Luxemburgo.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 29/10/2018 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

O comité europeo de empresas de Alcoa iniciou os trámites para presentar unha denuncia no Tribunal de Xustiza da Unión Europea, en Luxemburgo, polo anuncio de peche das plantas da Coruña e Avilés, en Asturias.

Protesta contra o peche das plantas de Alcoa en Avilés e A Coruña
Protesta contra o peche das plantas de Alcoa en Avilés e A Coruña | Fonte: M.Dylan

O presidente do comité de empresa de Alcoa na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, explicou que se deu a orde aos avogados e que a denuncia se cursará "tan pronto como estea realizada".

Os representantes dos traballadores no comité europeo de empresas de Alcoa trasladaron o pasado xoves aos directivos da compañía un documento no que se lles advertía de que se incumpriu a normativa europea ao non abrir o período de consultas preceptivo após o anuncio de peche e de presentación dun ERE extintivo.

En concreto, pediron á compañía que paralizase o expediente de extinción de emprego nas plantas de Avilés e A Coruña ou, pola contra, comunicáronlle que presentarían unha denuncia no Tribunal de Xustiza da UE, en Luxemburgo.

Pola súa banda, na citada reunión celebrada en Madrid, os representantes da empresa explicaron aos traballadores as razóns do peche, entre elas o prezo da enerxía e factores técnicos e de mercado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta