Gracias

Moitas gracias a todos e cada un dos 105.171 lucenses que o pasado día 22 de maio votaron ó Partido Popular.

Por X.M. Barreiro | | 06/06/2011

Comparte esta noticia

 O seu apoio, que supón o 47 por cento dos sufraxios emitidos (3.216 votos máis que PSOE e BNG xuntos) fixo que acadáramos o segundo mellor resultado de Galicia e mantennos como a formación política maioritaria nesta provincia, mellorando incluso nun cinco por cento os resultados de 2007.

Gracias por confiar nos candidatos e candidaturas coas que concurrimos ás eleccións municipais nos 67 concellos da provincia. Unha confianza que fixo posible que, con respecto ás anteriores municipais, o Partido Popular mellorara os seus resultados en 56 concellos e gañara en 50, por maioría absoluta en 40 e por maioría relativa nos outros 10.

Gracias a todos por converter ó Partido Popular na forza máis votada en cinco dos seis partidos xudiciais ó mellorar os resultados tanto porcentualmente coma en número de votos. Un respaldo que permitirá que o vindeiro día 11, cando se constitúan as corporación locais, tomen posesión da súa acta 385 concelleiros do PP e que, un par de semanas despois, fagan o propio os 12 deputados provinciais.

Gracias a todas e cada unha das 105.171 persoas que escolleron a papeleta do Partido Popular por respaldar as nosas propostas electorais; por crer que outro xeito de gobernar é posible e por confiar ese importante cometido ós homes e mulleres que conformamos o Partido Popular.

Gracias a todos os militantes e simpatizantes do Partido Popular por contribuir, co seu traballo, adicación e esforzo, a transmitir as ideas, mensaxes e propostas que defendemos durante a campaña.

Gracias, en definitiva, ós 227.479 lucenses que o pasado 22-M exerceron o seu dereito ó voto e colocaron á nosa provincia á cabeza de Galicia no que ó índice de participación se refire, dando así un exemplo de compromiso, responsabilidade e madurez democrática.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA