As exportacións, motor da economía galega

crecen un 9,5% até agosto, máis do dobre que o ritmo de avance de España. A Coruña e Pontevedra xa son a cuarta e oitava provincia con máis vendas ao exterior.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/11/2018 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

As exportacións galegas creceron un 9,5% entre xaneiro e agosto en comparación co mesmo período de 2017 até un total de 15.257,4 millóns de euros. Este crecemento é máis do dobre que o avance das exportacións españolas (+4,2%). Desta forma, aumenta o peso de Galicia no Estado, xa que as súas vendas ao exterior xa supoñen o 8% do conxunto.

Así o recolle o Informe Mensual de Comercio Exterior de Galicia, que elabora a Dirección Territorial de Comercio e ICEX en Galicia, no que se apunta que as importacións galegas subiron un 12,7% (tamén máis do dobre que o 6,1% que se incrementan en España) no mesmo período, por valor de 12.561,6 millóns.

De tal forma, o superávit comercial de Galicia sitúase en 2.695,8 millóns, o que mantén á Comunidade como a terceira con maior superávit (cunha taxa de cobertura do 121,4%). Por provincias, A Coruña e Pontevedra copan o 93% das exportacións galegas (o 50,3% e o 42,9%, respectivamente). Ourense (3,8%) e Lugo (2,8%) teñen unha incidencia moi afastada das outras dúas.

De feito, A Coruña e Pontevedra avanzan no peso que teñen en España e xa son a cuarta e a oitava provincia, respectivamente, con máis vendas fóra.

ExportaciónS
ExportaciónS | Fonte: EP

O TÉXTIL E A AUTOMOCIÓN SEGUEN Á ALZA

Pola súa banda, o téxtil e a automoción continúan como os principais eixos das exportacións galegas, ao representar conxuntamente o 47% das vendas ao exterior. O téxtil avanza un 6,5%, mentres que a automoción fai o propio nun 16% máis. Sectores que están marcados polas vendas de Inditex e Citroën.

A maioría das vendas galegas fose son a UE (o 77,9%), con Francia, Portugal, Italia, Reino Unido e Alemaña como os principais mercados. Fóra da UE, Marrocos é o principal destino.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta