Canción para Conde Roa na Radio Galega

O grupo de Muros adica unha canción na emisora pública galega ao próximo alcalde de Santiago de Compostela e a súa teima por botar ao movemento 15M da Praza do Obradoiro.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 10/06/2011 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

O programa "Planeta Furancho" da Radio Galega invitou ao grupo Terbutalina este mércores. Os muradáns aproveitaron a súa presencia no programa musical da emisora pública para adicarlle un novo tema a Xerardo Conde Roa. Unha canción moi crítica co próximo alcalde conservador de Santiago e as súas continúas peticións para botar aos "indignados" do Obradoiro:

None



"Ei ti, fóra de aquí, ei ti, enches de merda o Obradoiro, ei ti, voute mazar, que eu son Conde Roa, ostias para todos, ostias para todos, e para ti tamén, e para ti sobre todo" arranca a peza.

"Ei ti, eres un jipi de mierda, enchésme o Obradoiro de mierda, voute mazar, que eu son, Conde Roa ...." prosegue o tema cantado en directo en Planeta Furancho.

Cómpre lembrar que o político conservador cualficou varias veces de "okupas" aos activistas do movemento 15M, pedindo que a Policía acabase coa mobilización na Praza do Obradoiro ante o suposto impacto negativo no turismo.

"Vós sodes totalmente libres?" pregunta tras a canción o locutor. A banda de rock responde con ironía e destacando o carácter divertido da súa música.

Terbutalina ten na rúa un disco de presentación gravado en directo. O "Live in Catoira" contén oito temas destes irreverentes músicos publicados pola Regueira Plataforma, especializada na difusión na Rede da cultura galega actual. Pódese descargar de balde aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

17 iscream_icecream

temazo

16 iscream_icecream

Temazo

15 Xurxo

Menudo notición! ahora en serio... se esta é a crítica máis intelixente ó trato de Conde Roa ó movemento 15-M en Santiago de Compostela vamos dados. 4 borrachos pintando a mona titular desta web, pensei que realmente estabades interesados en crear conciencia crítica.

1 CranioF

Outro que razoa. Catro borrachos pintando a mona.

14 Pepe Flores

Se ao Bng e Psoe lles funciona e limpan os votos chungos e non sae Conde Roa, quero ver actuar a Terbutalina nas Festas do Apóstol. Os acampados non van resistir ata entón, así que podían actuar eles e acampar despois, ou algo así. A todos os que non vos gusta o tema: merecedes un par de SuperPiñeiros ou dúas Pilis Pampíns! E non teño máis que dicir!

13 cundidas

a min cúndeme o tema