Canción para Conde Roa na Radio Galega

O grupo de Muros adica unha canción na emisora pública galega ao próximo alcalde de Santiago de Compostela e a súa teima por botar ao movemento 15M da Praza do Obradoiro.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 10/06/2011 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

O programa "Planeta Furancho" da Radio Galega invitou ao grupo Terbutalina este mércores. Os muradáns aproveitaron a súa presencia no programa musical da emisora pública para adicarlle un novo tema a Xerardo Conde Roa. Unha canción moi crítica co próximo alcalde conservador de Santiago e as súas continúas peticións para botar aos "indignados" do Obradoiro:

None



"Ei ti, fóra de aquí, ei ti, enches de merda o Obradoiro, ei ti, voute mazar, que eu son Conde Roa, ostias para todos, ostias para todos, e para ti tamén, e para ti sobre todo" arranca a peza.

"Ei ti, eres un jipi de mierda, enchésme o Obradoiro de mierda, voute mazar, que eu son, Conde Roa ...." prosegue o tema cantado en directo en Planeta Furancho.

Cómpre lembrar que o político conservador cualficou varias veces de "okupas" aos activistas do movemento 15M, pedindo que a Policía acabase coa mobilización na Praza do Obradoiro ante o suposto impacto negativo no turismo.

"Vós sodes totalmente libres?" pregunta tras a canción o locutor. A banda de rock responde con ironía e destacando o carácter divertido da súa música.

Terbutalina ten na rúa un disco de presentación gravado en directo. O "Live in Catoira" contén oito temas destes irreverentes músicos publicados pola Regueira Plataforma, especializada na difusión na Rede da cultura galega actual. Pódese descargar de balde aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

2 os de sempre

o estribillo tiña que ser "moi boa moi boa a cancion de Roa"

1 San Marcos

Espero la inmediata asunción de responsabilidades por parte de la direccion de la empresa pública por permitir llamadas a la violencia contra un representante democrático. Se empieza así y ya sabemos como terminan.

1 San Roque

Espero lo mismo del Partido Popular por permitir que un candidato como Conde Roa mienta, insulte y descalifique constantemente a una parte importante de sus vecinos. Cuando empiecen a dar ejemplo, que piden lo mismo a los demás.

2 xustiza

Reclamo a inmediata ilegalización do PP por non condenar os crimes do fascismo franquista e que todos os seus dirixentes sexan enviados a prisión. Os votantes chega con que os manden a un campo de reeducación...

3 Marta

Pues porque no escuchaste el resto del programa, es una absoluta vergüenza, tienen un tema que se llama la filloa o algo así que invitan directamente a la violencia. A mí me coincidió escucharlo el otro día y me pareció indignante http://www.crtvg.es/reproductor/ini...+FURANCHO&id_programa=85+&mp3=1+&medio=fl

4 Luís

Teño a dúbida de se estades sendo ridiculistas ou vai en serio, o que vos convertiría en auto-ridiculistas.

5 Santa Rita

Por favor, a entrevista vese perfectamente que é irónica, divertida e descarada. Non chama á violencia para nada. Non se deben esaxeran as cousas desta maneira. Reláxense señores.

6 os de sempre

a cancion tiña que tocala a operacion orquesta version gurtel

7 Xúlio Zé

"por permitir llamadas a la violencia contra un representante democrático" A ver ho, sei que para alguns pode ser difícil, mas com um chisco de esforço todos podemos entende-lo: Sempre há que diferenciar entre "autor" e "eu poético" ("narrador" na literatura). O "eu poético" é quem sente e expressa uns sentimentos num poema (ou cançom), mas estes sentimentos nom tenhem porque coincidires co critério do autor. Na cançom dos Terbutalina, quem canta as frases, entre aspas no artigo, é Conde Roa, o "eu poético" da peça. Nom há polo tanto "llamadas a la violencia contra un representante democrático", simplemente os Terbutalina cream umha personagem e o seu discurso numha cançom. Discurso (violência contra os acampados no Obradoiro) evidentemente irónico e que imagino que os Terbutalina nom compartem ;)