Por Galicia Confidencial | Viana do Castelo | 10/06/2011 | Actualizada ás 18:58
Tras o éxito da primeira edición do EixoRap durante a Capital Cultural do Eixo Atlántico en Gaia, en 2009, que xuntou en dúas xornadas a uns 4.000 mozos, organízase novo proxecto musical transfronteirizo. Un "símbolo da desaparición das fronteiras, coa música -a manifestación máis universal da cultura- como vehículo de unión dos mozos galegos e portugueses" en palabras da organización
En Viana do Castelo, como Capital Cultural do Eixo Atlântico, 2011, e sobre a base dun festival de dous días de duración, sucederanse as actuacións de músicos consolidados, xunto a outros emerxentes, tanto de Portugal, como de Galicia. Como novidade, inclúense grupos de breakdance e dous colectivos de djs e grafiti que realizarán talleres e demostracións ao longo dos dous días do festival.
Sobre a base dun festival de dous días de duración, articúlase toda unha serie de actividades complementarias que permitirán dinamizar o espazo onde se celebra. Velaquí o programa completo:
TALLERES (OFICINAS)
Para iso crearanse talleres dirixidos a todos os públicos:
Dj: Daranse nocións de mestura, scrash de vinilos e cds. Con grupos reducidos. Tres sesións: Venres tarde e sábado, mañá e tarde. O taller estará dirixido por algúns dos DJ que participarán nos concertos. Duración: 2 horas por sesión
Breakdance: Do mesmo xeito que o anterior, preténdese achegar aos máis novos o breakdance de forma divertida e lúdica. Ensinaránselles nocións e pasos sinxelos que poidan realizar despois nunha coreografía. Tamén se realizarán tres sesións. Duración: 2 horas por sesión
Grafiti: Realizar un pequeno taller para que os máis novos poidan pintar. Proporáselles realizar un debuxo utilizando as diferentes técnicas do grafiti..
Rimas: Pequeno taller para ensinar nocións de rima. Duración: 2 horas por sesión
ACTUACIÓNS
Grafiti:
Artistas galegos e portugueses farán diferentes obras de face ao público para que este poida apreciar a técnica dos ?writers?. Tres sesións.
Breakdance:
Varios grupos galegos e portugueses realizarán espectáculos regulares aos longo dos dous días en tres sesións.
Música:
O prato forte do festival será a música. Cos artistas antes citados, o cartel será (en orde inversa ás actuacións):
VENRES, 24 DE XUÑO
MUNDO (DEALEMA)
WÖYZA
MICRO
PAYO MALO
M7 E CAPICUA
SABADO, 25 DE XUÑO
MIN DÁ GAP
O PUTO COKE
REI
GRAN PURISMO
ADOITADO ROCKERZ (Kaixo Sama VS Elecesar, Lacosta, Uxio & Loucho)
Grafiti: Paco Kintas, Third, Pow, Etsueña, Doc
Break Dance: Black Shadows vs Zoo Gang
Batalla de Mcs: presentada por Dealema
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.