Denuncian recortes na unidade de paliativos no hospital Gil Casares de Santiago

A UME-Paliativos do centro médico quedará só con vinte camas e seis persoas para esta sección.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2018 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

O sindicato CC OO denuncia que se están confirmando as intencións da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago no recorte de recursos no Gil Casares, concretamente en Paliativos e tamén noutas seccións como dermatoloxía. CC OO tamén denuncia que isto traerá unha mingua na atencións aos doentes e que xa se están rexistrando escritos de queixa de persoas usuarias e familiares das mesmas.

Hospital Gil Casares, do  Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS)
Hospital Gil Casares, do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) | Fonte: Sergas.

Os recortes xa foran anticipados polo sindicato a finais de setembro, mais a Xerencia da área sanitaria santiaguesa negábao denuncian desde a foza sindical. No caso concreto da Unidade de Media Estancia (UME) desaparece no Gil Casares, Paliativos “quedará só con vinte camas e haberá tamén unha reorganización das camas de Dermatoloxía”. Para CCOO isto significa que tamén se “vai reducir o plantel en seis persoas, concretamente catro enfermeiros ou enfermeiras e dous técnicos en coidados auxiliares de enfermaría (TCAE)”.

QUEIXAS DAS PERSOAS USUARIAS

CCOO-Sanidade denuncia que “isto representará unha mingua na atención aos doentes, con repercusións na calidade dos coidados”. Ademais, tamén apuntan que “a situación será especialmente preocupante na quenda de noite, xa que os doentes serán atendidas por unha única persoa”. Segundo CCOO “isto xa está a xerar malestar entre as persoas usuarias e os seus familiares, ata o punto de que temos constancia da presentación de varios escritos de queixa”.

Segundo comunica o sindicato, a mediados do mes de outubro, as traballadoras e traballadores do servizo xa lle entregaran á Xerencia un escrito, avalado polo xefe do servizo, lembrando que “tanto os pacientes como as familias, ante unha situación de fase final da vida, precisan dunha constante e permanente atención por parte do persoal de enfermaría, posto que é unha situación de grande demanda que non se pode desatender de ningunha maneira”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta