O alcalde da Coruña pide a Traballo que paralice o ERE de Alcoa

Xulio Ferreiro pide "rigurosidade" ao Goberno central e que comece "dunha vez en serio a negociación".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/11/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, instou ao Ministerio de Traballo a ser "rigoroso" para ver as posibilidades que hai de "frear" o ERE extintivo presentado pola multinacional Alcoa para a planta coruñesa e a de Avilés, en Asturias.

Xulio Ferreiro co comité de Alcoa. AYUNTAMIENTO DE A CORUÑA
Xulio Ferreiro co comité de Alcoa. AYUNTAMIENTO DE A CORUÑA | Fonte: Europa Press

A preguntas dos xornalistas, antes de inaugurar a feira Exporpymes, recoñeceu que non é "unha boa noticia" a decisión do xuíz de Róterdam de non aplicar medidas cautelares para paralizar o expediente de regulación ata que non resolva a denuncia do comité europeo. O fallo non se coñecerá até o 3 de decembro.

Con todo, o alcalde herculino recalcou que esta denuncia é "unha fronte máis de moitas". "O que esperamos é que a propia Alcoa retire o ERE e que a autoridade laboral española esgote as posibilidades que hai". "Que o Ministerio Traballo sexa rigoroso á hora de ver as posibilidades que ten de frear ese ERE e que empecemos dunha vez en serio a negociación", insistiu.

Respecto diso, considerou que o Goberno debe utilizar "todas as armas que ten para que Alcoa veña a unha posición razoable que garanta a continuidade da produción industrial e do emprego" nas fábricas.

O rexedor fixo este chamamento no día previo á reunión co Executivo no marco da mesa de traballo constituída cos presidentes autonómicos de Galicia e Asturias e os alcaldes da Coruña e Avilés e que terá lugar ás 17,00 horas en Madrid, segundo confirmou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta