Feijóo exporá en Madrid que o peche das térmicas deixará a Galicia como deficitaria en enerxía

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, prevé reunirse este martes coa ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2018 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, prevé reunirse este martes coa ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira, en Madrid. Fontes do Executivo galego ratificaron que no encontro, que terá lugar na sede do Ministerio ás 12,00 horas, abordarase a situación de Alcoa, así como das centrais de Meirama e As Pontes, como "asuntos prioritarios".

Central térmica de Meirama en Cerceda, de Gas Natural Fenosa
Central térmica de Meirama en Cerceda, de Gas Natural Fenosa

O propio Feijóo avanzara semanas atrás que tiña esta reunión en carteira despois de transcender que a central de Meirama, en Cerceda (A Coruña), será unha das nove térmicas en España que terán que botar o peche en xuño de 2020. A das Pontes sería unha das cinco que prolongarán a súa vida útil en España máis aló de 2020, pero co límite en 2030, segundo as previsións do Goberno.

Feijóo advertiu entón que, se ambas centrais deixaban de producir enerxía, Galicia pasará de ser unha comunidade "excedentaria" a converterse nun territorio "deficitario". "Necesitariamos máis enerxía da que consumimos", dixo, antes de subliñar que, aínda que ve correcto cumprir coas directivas europeas, é preciso facelo "cun período de transición, cun mix enerxético e cunhas negociacións lóxicas".

Á marxe, no contexto do expediente de extinción de emprego anunciado por Alcoa para as plantas de Avilés e A Coruña, insistiu nos efectos que poden ter na actitude das empresas electrointensivas "anuncios constantes" de decisións que, ao seu xuízo, contribuirán a subir o prezo da enerxía. "Ás veces preguntámonos polo comportamento das electrointensivas e elas o que ven son anuncios constantes que soben o prezo da enerxía, así que conxelan os seus investimentos", manifestou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta