Temas: ESPAZO AFOUTEZA

Xa podes elixir a palabra galega do ano

Podes participar na web do Portal das Palabras.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 04/12/2018 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

O Portal das Palabras convida un ano máis a cidadanía a participar na escolla da Palabra do Ano, o termo que mellor resuma ou identifique a realidade que dalgún xeito marcou os últimos doce meses. O prazo de presentación de propostas permanecerá aberto desde hoxe e ata o domingo 16 de decembro ás 23:59 horas na ligazón https://portaldaspalabras.gal/

Afouteza, palabra do ano escollida pola RAG.
Afouteza, palabra do ano escollida pola RAG.

Posteriormente, do 17 ao 25 de decembro, someteranse a votación os termos máis significativos e repetidos. O xoves 27 de decembro darase a coñecer a Palabra do Ano 2018.
O Portal das Palabras é un proxecto da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a popularización da nosa lingua. Cada semana, desde esta plataforma ambas as institucións ofrecen xogos, vídeos e outros contidos divulgativos que conectan o léxico galego coa realidade cotiá e a actualidade dun xeito ameno.

“A palabra do día” é outra das seccións deste espazo aberto ao diálogo coas persoas usuarias. Dando un paso máis nesta dirección, desde 2014 convida a toda as persoas que o desexen a participar na escolla da Palabra do Ano. Nas edicións anteriores foron escollidas afouteza (2017), irmandade (2016) -coincidindo co centenario das Irmandades da Fala-, refuxiados (2015) e corrupción (2014).

Temas: ESPAZO AFOUTEZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta