Falece un sexagenario atropelado na AP-9 cando pedía auxilio

Tiña 67 anos e morreu cando pedía axuda tras unha avaría.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Un home de 67 anos de idade faleceu na madrugada deste venres ao ser atropelado cando pedía axuda após avariárselle o vehículo na autoestrada AP-9 á altura da cidade de Pontevedra.

Un dos tramos da AP-9
Un dos tramos da AP-9 | Fonte: EP

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, este sinistro tivo lugar sobre as 1,00 horas deste venres na AP-9 á altura da saída da cidade de Pontevedra dirección Santiago. Foi un particular o que avisou ao 112 Galicia e até o lugar desprazáronse os servizos sanitarios de urxencia e axentes de Tráfico que relataron que a vítima, após avariárselle o seu turismo trataba de pedir axuda.

Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia medicalizada cuxo persoal confirmou o falecemento no lugar do home J.R.D.C., de 67 anos de idade, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Ademais, o ocupante do outro vehículo implicado tamén resultou ferido, un home de 22 anos, S.J.L.S., que foi levado en ambulancia ao Hospital Quirón Domínguez de Pontevedra. Axentes da Policía Local, Bombeiros de Pontevedra, efectivos de Protección Civil e persoal de Autoestradas tamén foron informados do accidente polo 112 Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta