Galicia Confidencial consolídase nas redes como a principal alternativa galega aos medios tradicionais

GC é o xornal en galego líder en redes sociais, con 54.000 seguidores. En decembro superou os 30.000 en Facebook, onde somos o terceiro medio galego por interaccións da audiencia —só por detrás de La Voz e Faro de Vigo— e líder en impacto das publicacións por número de seguidores.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/12/2018 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Galicia Confidencial consolidouse este 2018 como o medio alternativo de referencia aos xornais tradicionais en Galicia. Este xornal asentouse como o líder de audiencia da prensa en lingua galega e terceiro entre todos os medios escritos do país, só por detrás de La Voz de Galicia e Faro de Vigo, que manteñen a súa posición predominante grazas ás millonarias axudas que lles conceden institucións públicas para paliar a súa decadencia.

Un dos lemas de Galicia Confidencial
Un dos lemas de Galicia Confidencial

Esta posición do GC viuse consolidada polo influxo das redes sociais. Este foi o primeiro xornal xeneralista en galego que superou os 30.000 seguidores en Facebook, este mes de decembro. A estes hai que sumar os máis de 22.200 que nos seguen en Twitter, máis de 1.160 en Instagram e 350 en Telegram. En total, a comunidade de GC en redes sociais achégase aos 54.000 seguidores, o que coloca a este xornal como o principal referente de infornación en galego entre os lectores de diarios.

Galicia Confidencial foi, ademais, o xornal galego con maior eficacia no impacto na audiencia en Facebook, onde se colocou como o terceiro xornal de Galicia con maior número de interaccións (clics, respostas, 'gústame' e novas compartidas), só por detrás de La Voz e Faro de Vigo. A ratio interacción/número de seguidores é a maior entre todos os medios de Galicia, o cal coloca a GC como o medio de toda Galicia que mellor resposta ten dos seus seguidores, de xeito natural.

Con 30.000 seguidores en Facebook, GC conseguiu nunha semana de decembro 12.500 interaccións, o que resulta nunha taxa de compromiso do 41,66%, resultado de divir o número total de interaccións entre o número de seguidores e multiplicado por 100. Duplicamos case ao segundo medio máis efectivo en Facebook, La Región, que acadou unha taxa do 22,41%, e cuadruplicamos a eficacia de La Voz de Galicia, que acada unha ratio de tan ó o 9,6% (penúltimo). O noso xornal supera a todos os medios xeneralistas de Galicia no impacto das publicacións (son cálculos feitos con datos oficiais do servizo estatístico de Facebook, recollidos o 20 de decembro de 2018; ningunha publicación de Galicia Confidencial foi promocionada mediante o sistema publicitario de Facebook).

Este gran avance nas redes sociais é tamén en parte froito da implicación e colaboración de numerosas entidades, asociacións e plataformas, especialmente, do sector sanitario, social e medioambiental, que axudaron a visibilizar as novas do GC. Este medio estalles fondamente agradecido por iso.

O equipo de Galicia Confidencial quere agradecer aos seus preto de 54.000 seguidores a súa confianza en nós, pero tamén a aqueles que polo camiño que fose se achegaron a nós e entraron no noso xornal. E animamos ao resto de galegos a sumarse a unha comunidade que medra imparable.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

54.000 seguidores son poucos seguidores para un país que aínda está en construcción ! Eu penso que se GC publicase esquelas e horóscopos incrementaría enormemente a súa audiencia... Aconsellamos tamén os anuncios por palabras para unha maior interacción ! E cicais as seccións xeográficas (xonais amigos) deberan abrirse máis á participación do que o están a facer de momento... Felices Festas e mellor entrada de ano 2019 !!!