Sabela resucita o orgullo pola lingua galega

A cantante das Pontes quedou en cuarta posición en 'Operación Triunfo", pero centos de usuarios de redes espallaron a mensaxe "Sabela xa gañou" polo seu uso do galego no concurso de TVE.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/12/2018 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

Os galegos sómosche así: falamos maiormente castelán nas cidades —por aquilo que se dicía baixo a bota de Franco de que o español é de cultos e o galego, de paletos—, avergonzámonos de usar a lingua propia entre nós, mais fachendamos de ter un idioma e identidade propia cando viaxamos. Isto é o que ocorreu co fenómeno Sabela no programa 'Operación Triunfo': de súpeto, escoitar cantar en galego a unha moza das Pontes nun dos concursos máis famosos da televisión en España —e ver como fachendaba da súa lingua materna ante millóns de espectadores— contaxiou a milleiros de galegos un orgullo patrio e pola nosa lingua que tiñamos soterrado por complexos (auto)impostos. 

Sabela Ramil quedou, finalmente, cuarta en OT
Sabela Ramil quedou, finalmente, cuarta en OT

Sabela resucitou o orgullo pola lingua galega do xeito máis doado: normalizando o seu uso. Non hai nada de extraordinario en que alguén cante na súa propia lingua, é o normal. Pero en Galicia, e no Estado español, aínda abraia que unha lingua da periferia sexa a opción cultural. Estamos, polo tanto, lonxe aínda da normalización do normal. E non é por mor só da política e diso que algúns chaman "colonialismo español". Ten moito que ver con nós, como pobo. Sabela non fai política cando canta en galego, simplemente se expresa no seu idioma. Non é nada máis ca iso. Politizar o uso ou non uso do galego é anormalizalo; usalo sen complexos e sen consignas políticas é normalizalo. Sabela fíxoo. E demostra que desde a normalidade e o cotidiano a lingua galega pode volver brillar.

Sabela conseguiu o que ningún político nin partido logrou: unir nun mesmo discurso e orgullo compartido a milleiros de galegos de todas as clases e ideoloxías. Desde reintegracionistas e nacionalistas, até conservadores, galegofalantes, bilingües e castelánfalantes, aplaudiron e apoiaron a Sabela por apostar pola lingua galega, coa que chegou á final de 'Operación Triunio'. Sabela quedou finalmente na cuarta posición do concurso, pero "Sabela xa gañou", como defenderon centos de persoas nas redes sociais.

Foron centos as mensaxes publicadas en redes coa etiqueta #SabelaXaGañou. Velaquí unha escolma:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Chico Percebe

Que llo digan aos da inmersión obligatoria, aos da identidade propia, aos partidos que teñen nas súas bases o uso obrigatorio da língua, aos que lle dín que teñen que falar galego aos nenos galegos que posúen o español coma língua propia, aos do NON, aos que teiman en calificar de fascistas aos galegos que non apoian o uso obligatorio nas oposición á función pública, aos galegos que falan español e son criiticados por algún por facelo. aos da Mesa, aos...