Espantada de xefes de sección en La Voz de Galicia e "caos" ante os cambios na empresa

O xefe de Internacional deixa o xornal. O seguinte será probablemente o de España e outros dous sopesan abandonar a empresa. A eles súmanse varios redactores. O persoal denuncia "improvisación" da dirección.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 21/12/2018 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

As mudanzas en La Voz de Galicia están levando ao "caos" a este xornal. Así o denuncian fontes internas, que critican a nova organización do traballo que deseñou a dirección para 2019 e o xeito de aplicar o novo modelo de negocio, coa aplicación dun muro de pago a partir do próximo mes de marzo. O descontento entre os traballadores é de tal magnitude, que mesmo hai espantada entre os xefes de sección.

Sede de La Voz de Galicia en Sabón, A Coruña
Sede de La Voz de Galicia en Sabón, A Coruña | Fonte: lourdesvirtual.com

O primeiro en recoller as súas cousas e liscar foi Leoncio González, un referente no xornalismo galego e xefe de Internacional da Voz, que marchou na tarde deste mércores do xornal, acolléndose ás baixas incentivadas que a empresa propón. A Corporación Voz só garante o 80% dos empregos actuais para 2019. Por iso, ten previsto desfacerse duns 60 profesionais, ben mediante baixas incentivadas ou por despedimento.

O seguinte en marchar será Tino Novoa, xefe da sección España, que deixará o xornal nunhas semanas, segundo confirmaron fontes de La Voz a Galicia Confidencial.

González e Novoa pode que non sexan os únicos. "Outros dous xefes de sección están a facer números para ver se lles compensa o plan de baixas incentivadas", din as fontes consultadas.

A estes únense varios redactores e redactoras da redacción central de Sabón e das delegacións que marcharon nas últimas semanas.

A situación agora mesmo é de tensión. "Todos se queixan da nula sintonía co director de La Voz e o director xeral", afirman as fontes de GC.

Segundo estas, os movementos dos xefes de sección "desbaratan" o plan ideado por Lois Blanco (director xeral da Corporación), Xosé Luís Vilela (director do xornal) e Tomás García (director da edición dixital), que "terán que refacer o organigrama" que tiñan previsto activar a partir do 7 de xaneiro.

Moitos xornalistas pensan que o plan é "improvisado" e que "trae o caos á redacción", xa que os subdirectores —César Casal e Fernando Hidalgo— e os dous redactores xefe que coordinarán a nova mesa central —Laureano López e Antón Fernández— "non teñen ningunha experiencia en xornalismo dixital", afirman.

REORGANIZACIÓN

O xornal coruñés mudará o seu organigrama o 7 de xaneiro de 2019 e a partir de marzo aplicará un muro de pago a algúns contidos. A empresa defende que a nova organización mellorará a calidade de vida dos empregados. O comité denuncia que se perderán 60 empregos e se seguirá recortando salarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Sentidiño

E cál era o traballo do tal Tino Novoa? Porque a sección España leva anos ocupadas polas fake news e a manipulación sobre Cataluña da axencia Colpisa, con pseudocrónicas de Christian Reino e Melchor Saiz-Pardo, e titulares máis propios de El Alcázar...

2 Lalo

A deriva de "La Voz" a posicións case que de de extrema dereita fixolle perder un gran número de lectores e toda a credibilidade. No hay unhga dirección periodística, se non política. Unha especie de comisariado político que leva ao xornal a súa insignificancia. En Galicia xza non queda ningún periódico que faga periodismo. Son simples voceiros de empresarios e políticos que ya fan un fraque favor a noesa sociedade.

1 Gamela

A morte dun xornal nunca será boa noticia ! Aínda que morra de éxito ou de enchente de subvencións ! O muro da Vox de Galicia leva tempo levantado grazas á censura previa dos comentarios! Tódolos comentarios que enviemos deberan levar o título : "Liberdade de expresión" para que vaian tomando nota os novos responsables da edición dixital ! Onde está Fernanda Tabarés ?

1 José

Non flipes.., a morte de LVG sería unha bendición para este país..., sempre que non veña un xornal aínda máis ppero.

2 Gamela

Hai máis de 3 anos que escribín sobre o Faro de Vigo e de como a cidadanía paga dúas veces pola mesma noticia así que sempre pode vir outro xornal máis "cabrón" e rematar coa liberdade de expresión e de información... La Vox de Galicia semella iniciar o mesmo camiño que Faro de Vigo! Cartos ao queixón, kirie eleysón !!! http://gamela00.blogspot.com/2015/0...