Xulio Ferreiro mostra o seu "respecto" cara ás primarias de En Marea, un proceso que ve "desde a distancia"

O rexedor asegura estar centrado na Coruña e descoñece se os alcaldes das mareas poderían desvincularse logo da vitoria de Villares

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 26/12/2018 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, mostrou o seu "respecto" ao resultado das eleccións primarias de En Marea, logo da vitoria do seu portavoz, Luís Villares, e trasladou a súa felicitación aos "vencedores" dun proceso que ve "desde a distancia".

Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña. Europa Press
Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña. Europa Press

"Eu nunca tentei pór paus nas rodas de ninguén", respondeu a preguntas dos xornalistas despois de que a candidatura 'Coidando a Casa' (Luís Villares) se impuxese con case o 60% dos votos. A lista do sector crítico, 'Entre todas' (David Bruzos), apoiada polos denominados 'alcaldes do cambio' obtivo un 40% de apoio.

Precisamente, preguntado sobre a posibilidade de desvincularse do proxecto de En Marea xunto cos alcaldes de Santiago e Ferrol despois destes resultados, a resposta inicial de Ferreiro foi un "non, non o sei", aínda que máis tarde insistiu en que el ten "a cabeza aquí metida, no Concello da Coruña", onde está a pór "toda a carne no asador".

"NON ESTOU NO DÍA A DÍA"

"As ideas que un ten débeas manter, con todo respecto para o resultado electoral e os encargados de tirar cara adiante", dixo o rexedor herculino, que, a pesar do seu respaldo a Bruzos, asegura ver "desde a distancia" o proceso interno de En Marea.

"Hai meses puxen moito esforzo en que En Marea fose un instrumento útil para Galicia, pero hai que saber o lugar que ocupa un e deixar que outros leven as cousas", afirmou Ferreiro, quen recoñece participar "onde teño que participar", malia que recoñece non estar "no día a día" de En Marea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 lóstrego

Panda de hipócritas!

4 Rufina

Carallo, Xulio, pois para ver desde a distancia a cousa ben que te mollaches antes apoiando a Bruzos. En Monte Alto chamámoslle "Escurrir el bulto, neno".

3 Centroeuropeo

Eu non sei nada... Eu pasaba por aquí...

2 Sentidiño

Desde a distancia de 58 km? Qué engraçado! E qué pouca memoria temos! Martiño Noriega e Anova montaron a Mesa da confluencia o 31 de xullo para botar a Villares. A pouco da votación, Anova consulta a creación dun grupo mixto no parlamento. E o día que saen os resultados Martiño descólgase coa candidatura con Ada Colau.... viva Rasputín!

1 Sentidiño

1 abella

Graciñas neno!