O Sergas e os sindicatos reúnense para falar do contrato estable de médicos e pediatras

As centrais esperan que o documento que se lles amose este venres na Mesa Sectorial supoña "un cambio real na política de contratación" e apelan a que sexa unha medida "estrutural"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2019 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

O Sergas presentará este venres ante os sindicatos o contrato estable para persoal sanitario, como médicos de familia e pediatras, co fin de estabilizar a estes profesionais en Galicia.

Personal sanitario. EUROPA PRESS - Archivo
Personal sanitario. EUROPA PRESS - Archivo

Á Mesa Sectorial con carácter extraordinario da mañá deste venres están convocadas as centrais sindicais con representación e directivos do Sergas que lles presentarán o citado documento como único punto na orde do día.

En declaracións a Europa Press, a representante de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, expresou o seu desexo de que supoña "un cambio real na política de contratación". "A ver que se cobre con este contrato", dixo Abuín. Por iso, agarda a ver o texto este venres para situarse respecto desta cuestión, pero reivindicou "estabilidade" e unha "contratación ordenada". "Hai que velo e analizalo con calma", comentou, para logo apostar por "fidelizar" ao persoal médico en Galicia.

Respecto diso, o representante de UXT na mesa, Javier Martínez, recordou, en declaracións a Europa Press, que se trata dunha medida incluída no "Plan Mellora 2007-2011" para Atención Primaria. Así, indicou que nese documento se incluía a "creación dun contrato estable para facer substitucións e poder reter ao persoal MIR".

"Agora que o sistema está a piques de colapsar ocórreselles sacar as medidas do Plan Mellora que levan case 11 anos encerradas por eles", criticou UXT, que reprochou que as "sacan agora como medida estrela".

No entanto, sobre a medida en si valorou que se habilite un contrato "estable" para "todo o persoal MIR". "Mañá imos co ánimo de asinar, por coherencia, se o contrato é estable e ten unhas garantías, a non ser que poñan encima da mesa un paripé", avanzou.

"ESTABLE E ESTRUTURAL"

Nesta liña, insistiu Martínez que "non se trata de tapar un roto", polo que espera que vaia na liña do asinado "hai 11 anos" polos sindicatos, no relativo a unha medida "estable e estrutural".

Pola súa banda, o representante de CSIF, Daniel Otero, comentou que acode á reunión deste venres "con medo" porque "pode ter algo na trastenda". "A ver que pon encima da mesa", comentou a Europa Press. Con todo, asegurou que non lle desgusta "todo o que sexa estabilización no emprego". "Todo o que sexan contratos estables para que os profesionais poidan quedar en Galicia parécenos moi ben", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta