A Xunta atribúe a crise na sanidade galega ao Goberno central, á oposición e ao envellecemento da poboación

Anuncia a contratación de novos médicos de familia e pediatras con contratos entre 1 e 3 anos. Serán falcultativos que xa teñen contratos temporais, así como outros que exercen en España, na UE ou extracomunitarios con MIR homologable.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 10/01/2019 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

Pedro Sánchez leva seis meses no Goberno central, pero xa lle vale como excusa a Alberto Núñez Feijóo para atribuirlle os problemas da crise da sanidade pública galega. Pedro Sánchez, a "inmadurez" da oposición en Galicia e tamén o envellecemento da poboación. Esas serían as principais razóns polas que a sanidade pública galega non acaba de carburar.

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na roda posterior ao Consello. XUNTA
O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na roda posterior ao Consello. XUNTA | Fonte: Europa Press

Tampouco cre que as folgas nos PAC, en Urxencias de Santiago, as dimisións dos xefes de servizo en Vigo ou os numerosos conflitos laborais que acumula a sanidade pública galega sexan responsabilidade do seu goberno. E, por iso, non haberá ningún tipo de dimisións, nin reestruturacións porque a responsabilidade "é doutros".

Para Feijóo, a Atención Primaria de Galicia é unha das "mellores do Estado". Ao seu xuízo, a conflitividade en sector débese a que a poboación de máis de 65 anos, que ten "unha maior frecuentación de enfermidades crónicas", supón "o 25 por cento" do total de Galicia. E tamén a que o Ministerio de Sanidade "non planificou de forma adecuada" as prazas MIR solicitadas desde Galicia para este servizo.

Así mesmo, o presidente autonómico responsabilizou disto á oposición galega. Así, lembrou que existe unha comisión de investigación da sanidade pública en Galicia, un órgano proposto polos partidos da oposición no Parlamento galego --En Marea, PSdeGG e BNG-- e que foi abandonada por estes mesmos ao aprobar o PP en solitario o calendario de comparecencias.

Neste contexto, criticou que aos demais grupos "impórtalles tan pouco" o sistema sanitario e o Lexislativo autonómico, ao que acudiron a comparecer, ao seu modo de ver, "todos" os que tiñan "algo que dicir". "Que a oposición estea ausente do debate sanitario e queira tensionar o conflito na sanidade pública é un termómetro perfecto do que lle importa", sentenciou.

AS SOLUCIÓNS DE FEIJÓO

Aínda que, como insistiu, a Atención Primaria é unha das "mellores" do Estado e apostou por aumentar o número de profesionais. Deste xeito, anunciou a contratación de médicos de familia e pediatras con contratos dun a tres anos de duración, que serán levados este venres á mesa sectorial de sanidade.

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal co seu Executivo, o presidente autonómico explicou que esta nova modalidade de contrato "está xa visto pola asesoría xurídica", polo que agora "corresponde á mesa sectorial" acordar a súa entrada en vigor. "Por parte da Administración, interésanos que sexa de forma inmediata", puntualizou.

En vista diso, Feijóo anunciou xa en decembro, entre outras medidas, esta nova modalidade destinada a "todos os médicos de familia e pediatras que traballan con contratos temporais" no Servizo Galego de Saúde (Sergas), así como "a calquera profesional de Atención Primaria en España, na Unión Europea ou extracomunitario" pero que teña o MIR "homologable ao español".

Os médicos ou pediatras suxeitos a esta modalidade poderán exercer "en dúas ou máis centros de saúde, pero no mesmo distrito sanitario", tal e como o garantiu Feijóo. No entanto, se o centro é "moi grande", poderán exercer nun só, polo que os facultativos "non van saír do distrito" --proseguiu--.

Preguntado sobre a entrada en vigor desta medida, o titular da Xunta explicou que os acordos, "unha vez se asine, poden entrar en vigor" a partir "do primeiro día do mes seguinte" a que sexa ratificado pola mesa sectorial.

CRÍTICAS

Opinión moi diferente a dos médicos, que critican que a "inacción na xestión" da Xunta "deteriora a sanidade pública" e apostan por "cambios estruturais" para afrontar o aumento de demanda pola "sanitarización da vida". Non ven "un plan preconcibido" para privatizar, pero cren que a "inacción" favorece á privada. Tamén o decano da USC ve a falta de médicos unha "falacia" ante unha bolsa de graduados que "non poden nin recetar aspirina".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Carlos Andina

A responsabilidade será de quen che dea a gana pero o problema é teu asi que arránxao ou marcha, Albertiño. Inda saliano teu secretario xeral decindo que non habia xente abondo para contratar, dille que se faga mirar o seu

1 Gamela

os enfermeiros sustituirán ao médicos / os novos contratos atenderán 2 ou 3 centros de atención primaria e pasarán a vida no coche / as listas de espera hospitalaría seguirán derivándose a Hospitais privados Vithas Povisa Dominguez ... e a culpa é nosa porque somos vellos e galegos! por iso estamos fartos e saímos ás rúas a berrar contra o Sergas Asasino ? https://youtu.be/e85k0DfROJk