Chega a neve a Galicia

Dificultades de circulación en Pedrafita, onde está prohibido o paso de camións e vehículos articulados

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 18/01/2019 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

A neve condiciona na mañá deste venres a circulación na zona de montaña de Pedrafita do Cebreiro (Lugo), onde se prohibiu o paso de camións e vehículos articulados.

Neve en Pedrafita do Cebreiro, en Lugo
Neve en Pedrafita do Cebreiro, en Lugo | Fonte: EP

Así o explicaron a Europa Press fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), que indicaron que o nivel é amarelo e hai que "transitar con precaución" na estrada LU-633 ao seu paso por Pedrafita do Cebreiro.

Por outra banda, a DXT sinalou que na autovía A-8 ao seu paso polo alto do Fiouco, en Mondoñedo (Lugo), tamén se recomenda precaución pola presenza de néboa que causa visibilidade reducida entre os quilómetros 536 e 552.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta