Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2019 | Actualizada ás 14:37
O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, negou que as catro sentenzas que apoian que os Policías Locais da cidade non poidan ser obrigados a cubrir horas extras en servizos ordinarios prexudique aos intereses do concello.
É máis, segundo relatou a preguntas dos xornalistas este venres, defende que incluso "é favorable aos intereses municipais na medida na que reclama que hai que xustificar mellor" os decretos de "horas extras".
Ademais, sostén o argumento de que as sentenzas non son prexudiciais para o concello porque o fallo "denega" que o consistorio deba compensar economicamente aos denunciantes. O alcalde afirma que os mandos da Policía Local teñen esta mesma interpretación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.