O 061 atendeu na fin de semana a 63 persoas debido a 46 accidentes de tráfico en Galicia

A Coruña foi a provincia que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos do fin de semana, con 22.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2019 | Actualizada ás 09:44

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu durante o fin de semana a 63 persoas debido a 46 accidentes de tráfico rexistrados na rede viaria galega. O sábado foi a xornada con máis sinistros, cun total de 25.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: Europa Press

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 18 de xaneiro e as 23,59 horas deste domingo un total de 60 chamadas en relación con accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 57. En concreto, as ambulancias realizaron 56 saídas e os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia nun accidente. En 53 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en dez ocasións recibiron atención no lugar do accidente.

A proporción de homes atendida situouse no 58 por cento, mentres que a de mulleres reduciuse ao 42%. En canto ás idades dos feridos, un 29% dos asistidos tiña entre os 20 e 34 anos.

A Coruña foi a provincia que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos do fin de semana, con 22; seguida de Pontevedra, con 11; Ourense, con sete; e Lugo, con seis.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta