Dous feridos en Santiago e outra en Guitiriz tras envorcar os vehículos nos que viaxaban

Os mozos da capital galega tiñan 18 e 19 anos e a muller de Guitiriz, de 57, caeu por un precipicio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2019 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia

Dous mozos de 18 e 19 anos de idade resultaron feridos ao envorcar o vehículo no que circulaban ao seu paso polo municipio de Santiago de Compostela. Segundo informou o 112 Galicia, o vehículo no que viaxaban os mozos finalizou envorcado no punto quilométrico 0,200 da AG-56, en dirección a Santiago.

Veículo accidentado
Veículo accidentado

Foron varias persoas particulares as que contactaron co 112 Galicia para alertar do sinistro sobre as 19,45 horas deste luns. Segundo indicaron na súa chamada, as persoas feridas saíran polo seu propio pé do interior do coche accidentado.

Con estes datos, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso ao 061, aos Bombeiros de Santiago, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, a Protección Civil e ao servizo de mantemento da autovía.

O 061 levou ao Hospital Clínico aos dous feridos, o home O.H.R., de 18 anos, que foi evacuado en ambulancia medicalizada e o mozo M.H., de 19 anos, levado nunha ambulancia asistencial, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

MULLER FERIDA

Tamén unha muller resultou ferida ao caer por un precipicio o turismo no que circulaba na noite deste luns no termo municipal de Guitiriz (Lugo) sobre as 20,40 horas deste luns. Foron profesionais sanitarios os que alertaron do accidente ao 112 Galicia e indicaron no seu relato que a muller se atopaba a pé da estrada.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial que levou á muller M.J.L.P., de 57 anos, ao centro de Atención Primaria da zona, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta