Terceira balea varada en Galicia en dúas semanas, oitava en dous meses

Nos últimos tempos aumentaron os varamentos de grandes cetáceos na nosa costa.

Por Galicia Confidencial | | 24/01/2019 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

Unha balea apareceu varada onte na praia de Bens da Coruña. Trátase do terceiro exemplar varado na costa galega no que levamos de 2019 e o oitavo desde o pasado decembro.

Balea varada na praia de Bens, na Coruña. Autor: Andrés Conde
Balea varada na praia de Bens, na Coruña. Autor: Andrés Conde | Fonte: CEMMA.

O cetáceo atopábase en estado de descomposición cando foi localizado e á zona desprazouse un equipo da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños-CEMMA.

Recén estreado 2019, xa son tres as baleas varadas e mortas en Galicia. A primeira foi atopada o 16 de xaneiro. Trátase dunha cría femia de balea común de seis metros que apareceu na praia de Nemiña, no municipio coruñés de Muxía, e que finalmente morreuO segundo exemplar apareceu morto só tres días despois, o 19, na praia de Balarés, en Ponteceso. Era un macho de 16 metros de lonxitude.

Desde o pasado mes de decembro apareceron xa oito exemplares de balea varados en Galicia, feito que coincide cunha tendencia á alza nos varamentos de grandes cetáceos na nosa costa e o aumento dos avistamentos desta especie fronte o litoral galego nos últimos tempos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta