Feijóo acusa a Ciudadanos e Vox de tentar crecer e “rascar votos” a conta do PP

Acusa a C's de “captar” dirixentes do seu partido e á formación de ultradereita de criticalos para tentar subir en votos. “O PP ten menos problemas que outros partidos”, di tras as dimisións dos candidatos en Viveiro, Monforte e a do voceiro dos populares en Ourense.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 31/01/2019 | Actualizada ás 15:41

Comparte esta noticia

Alberto Núñez Feijóo acusou directamente a Ciudadanos e Vox de tentar aproveitarse do Partido Popular para aumentar os seus votos. Cando se aproximan xa as municipais, o líder do PP criticou duramente á formación de Albert Rivera por tentar captar candidatos para as municipais a costa de dirixentes do seu partido. “Critican ao PP e logo resulta que tentan captar a xente nosa para eses novos partidos”, asegurou o presidente galego ao ser preguntado pola dimisión do voceiro popular en Ourense e a dos candidatos de Monforte e Viveiro.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa. XUNTA

“Iso non é un bo exemplo. Non se pode dicir que es un partido diferente ao PP e logo vir a captar xente”, engadiu na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. “O PP ten 1.700 conelleiros en Galicia. Se chaman a porta de todos igual consiguen algo pero iso non será facer un partido diferente ao PP”, suliñou.

O presidente galego referiuse a Ciudadanos, partido que recoñeceu que tivo conversas con José Araujo, o ex voceiro do PP no Concello de Ourense. “Haberá que estar agora moi atento ao que se di na rúa”, suliñou. Precisamente, sobre Araujo lembrou que leva 22 anos militando no PP. “Estrañariame que unha persoa que leve tantos anos militando nun partido vaia agora a outro partido”, dixo, “iso non se entendería”.

En todo caso, quixo suliñar que sobre os problemas xurdidos cos candidatos do PP en distintas localidades, nomeadamente das provincias de Lugo, matizou que o seu partido “ten menos problemas que outros partidos en Galicia”.

VOX

Por outra banda, tamén se referiu ás criticas do líder de Vox, Santiago Abascal, que acusou ao PP de Galicia de posicións “nacionalistas” por apoiar medidas como a transferencia de competencias. “A política é máis que un tuit”, contestoulle Feijóo, “porque que di non o cre nin el por moi desinformado que estea”.

Así, acusou a Abasal de utilizar estas declaracións para “buscar votos” en España. “Esa é a técnica antiga de buscar votos a costa doutra formación”, salientou. “Ao mellor lle pode dar algún voto, pero en Galicia iso 'non cuela'”, engadiu aos suliñar que os galegos “xa saben o que votan” e o que pode “rascar” é unha porcentaxe de voto “moi minoritaria”.

Finalmente, dixo non compartir os insultos que desde a conta de FB de Vox en Ourense se proferiron contra a alcaldesa Manuela Carmena, calificanda de “hija de puta” ou “zorra terrorista”. “Desde Logo, eu nunca comparto iso, nin está na miña forma de entender a política”, indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Kiol

Otro que le está haciendo la campaña gratis a Vox.