Empresas que apostan por impulsar a relación co cliente en galego

Unha trintena de entidades de Santiago de Compostela, Ames e Teo súmanse á iniciativa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2019 | Actualizada ás 15:42

Comparte esta noticia

Unhas 30 empresas formarán parte do proxecto Galegoempresas, unha web na que as entidades de Santiago de Compostela, Ames e Teo poderán sumarse para impulsar a relación co cliente en galego. A iniciativa foi presentada polo alcalde da capital galega, Martiño Noriega e as concelleiras de Normalización Lingüística de Ames, Isabel Vaqueiro, e de Teo, Pilar Faxil, xunto ao responsable do proxecto, Óscar Maceiras.

Presentación do proxecto Galegoempresas, de Santiago, Ames e Teo,
Presentación do proxecto Galegoempresas, de Santiago, Ames e Teo, | Fonte: Europa Press

Concretamente, trátase dun directorio de empresas radicadas neste tres municipios que ofrecen servizos de todo tipo e establecen a súa relación e comunicacións na lingua propia. As entidades teñen que cubrir unhas fichas e verificarase que posteriormente cumpren cos requisitos establecidos.

O alcalde compostelán remarcou que o obxectivo é "pór en valor aqueles negocios nos que a lingua adquire visibilidade" e facer "un recoñecemento á calidade na atención por parte destes negocios".

Na súa intervención, a concelleira de Normalización Lingüística de Ames destacou que este proxecto busca "visibilizar a aquelas empresas e establecementos" e "pode ser unha ferramenta importante para os consumidores", que contarán cunha "diferenciacion da oferta". "A lingua é un valor intanxible a situarse ante os consumidores", destacou.

Pola súa banda, Pilar Faxil remarcou que a oferta do servizo en galego é un valor de "proximidade, boa atención, calidade e compromiso", como así os transmite a lingua. Ao seu xuízo, o galego debería ser un "vehículo comunicado".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta