Bautista chama á "depuración" dos alcaldes críticos do BNG

"Sobra unto e falta cloro" di o histórico dirixente da UPG ante o manifesto dos alcaldes de EI e +Galiza, a quen lles espeta cualificativos como "farsantes" ou "disidentes".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 23/09/2011 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

Dezaoito foron os alcaldes do BNG que este verán demandaron un cambio de rumbo na liña da fronte, dominada pola UPG, o partido con máis militantes. "Os dezaoito magníficos" chámase un durísimo artigo contra eles que publica Bautista Álvarez en Terra e Tempo, o dixital da UPG.

Alvárez nunca os nomea, pero é evidente que o obxectivo das súas críticas son os edís de Máis Galiza e Encontro Irmandiño (outro dous partidos dentro do BNG) que pediron publicamente que o BNG modernizase o seu discurso.

None

Ráchase a trégua?

Tal petición desatou unha espiral de críticas e contracríticas nos nacionalistas. Todos os colectivos do Bloque, por moi pequenos que fosen, tomaron posicións no debate ante unha Asemblea Nacional que decidirá a supervivencia do BNG e que parecía inminente.

Pouco despois ZP convocou eleccións e o Consello Nacional do Bloque, en consecuencia, adía a Asemblea até despois do 20N. As correntes chegaron ao pacto tácito de non alimentar máis a discusión pública. Mesmo Bieito Lobeira, deputado e militante da UPG, apelou publicamente ao "patriotismo" para non alimentar a liorta nos medios. Agora o artigo de Bautista Álvarez cuestiona esta tregua.

Os cualificativos do histórico líder da UPG aos alcaldes son dunha enorme virulencia. Lánzaos, iso si, mediante unha "parábola".

"Os que nunca foron nada"

"Antes no nacionalismo había esveltos lebreis e ningún caniche faldeiro. Dun tempo a esta parte apareceron os palleiros. Os que nunca foron nada e sentíronse alguén desde que lles puxeron na man un bastón. Ladran por fóra cando van en manda. Dálles pánico facelo dentro, nos órganos aos que pertencen e onde se dá o debate. Alí téñenlle medo ao caxato, a facer o ridículo, estes cerebros nos que priman sobre a substancia gris os niños de bubela", escribe no dixital que edita a Fundación que leva o seu nome. Unha das primeiras recriminacións da UPG aos alcaldes críticos é que deran o debate publicamente. Os alcaldes alegaron que tamén presentaron o seu manifesto nos órganos internos.

Pantallas xigantes para ver La Roja

Álvarez tamén acusa aos edís de falta de compromiso coa cultura. Por exemplo, critica que concellos nacionalistas gobernados polos asinantes do manifesto contrataran pantallas sigantes para seguir o trunfo no Mundial de "La Roja". "Comprobamos a bebedeira orgásmica dunhas masas narcotizadas polo campionato mundial de fútbol de hai un ano. E mentres nós, os seguidores dos vellos mitos, fixemos pedagoxía desalienante, outros actuaron de camelos do sistema, subministrando o opio en pantallas televisivas para que o pobo vivise colectivamente a orxía españolista".

"Mamá teta"

O histórico galeguista vai moito máis aló. Acúsaos de  "redentores adventicios estaban aínda na incubadora, ou balbucindo "mamá, teta", cando paramos a cota empresarial agraria", de ter unha "vea reaccionaria", de ser incapaces de analizar a sociedade galega, de non ler agás o Marca e o Tebeo, de ser "farsantes de comedia", "disidentes", etc.

Que alternativa propón Álvarez para superar este enfrontamento entre os que queren que o BNG siga preto da ortodoxia comunista e os que apostan por centralo? O veterano político non se anda polas ramas e fala claramente de "depuración" e critica a "indolencia" do aparato do Bloque, que o seu partido goberna democraticamente, cos críticos.

Chamada á depuración

"Hai un cousa na que estamos de acordo. Na necesidade de introducir reformas que restauren o prestixio do nacionalismo. Cunha diferenza. O que para eles é revisión, así de cru, para min significa rexeneración e depuración. Sobra unto e falta cloro".

En definitiva, un chamamento en toda regra a desfacerse dos que supostamente non comparten o compromiso coa revolución e a cultura galega.

Desta volta é imposible culpar da lea interna a unha conspiración mediática. É a propia UPG quen mostra que a supervivencia do Bloque como proxecto común do nacionalismo pode pender dun fío.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 179 comentarios

23 Galego comunista

Imaxino os girondinos alcaldes cainistas, vendo a vermelha na pantaia xigante e cantando: zoy españó, españó, españo...pois agora Bautista, eu, os parados, funcionarios, demandantes de servizos sociais etc. cantamoslhes: vaia putada, vaia putada, vaia putada....

22 Patriota

Antonio Gramsci dicía que a crise é cando o vello non remata de morrer e o vello non dá nacido. En Galiza, e no nacionalismo galego, Saturno acostuma devorar os seus fillos. Pero ningunha tendencia é inmutable.

1 Wellcome Lenin

Gramsci o primeiro revisionista ilustrado, o pai do eurocomunismo e do sindicalismo domesticado, soio era un burgués mais.

21 Antón

Por fin alguén di as cousas craras! craro é que os alcaldes revisionistas fan a sedición por afán protagonismo, craro está que os medios e partidos burgueses danlhes o protagonismo que doutro xeito negarianlhes co fin de danar a imaxe do fronte. Está craro que fanlhe mais dano o Bloque as sedicións cainitas que os ataques do espanholismo.

1 Xanciño

Totalmente dacordo! Pisaron moita moqueta e estar sen ela toléalles a cabeza. Pero Quintana, Bascuas (menuda persoaxe este último...), Táboas, Ánxela Bugallo non son de Máis Galiza??? Tamén é responsable a UPG do hostión maiúsculo das Nacionais (ou Autonómicas para algúns). Aínda así creo na refundación, cedendo todos, e xuntiños. Adiante GZ!!!

20 marat

Bautistaaaaa volve para Siberia! Stalinismo en pleno seculo XXI vaia tela.

1 guevarista

para falar de Stalin mellor limparse a boca antes, grazas a URSS dirixida por Stalin europa venceu ao nazismo, grazas ao modelo establecido pola URSS e por medo a que se extendera en Europa disfrutamos do chamado Estado do benestar, que agora os burgueses queren eliminar, etc, etc, En canto a todalas infundias pronunciadas en contra de Stalin e o seu goberno vasta con leer todalas obras que nos últimos anos editaron certos historiadores dando pobras e datos para saber que nunca os capitalistas tiveronlle tanto respeto ao poder da clase traballadora coma nesa época, por iso toda isa propaganda feroz. Por certo o termo stalinismo foi creado polos trostkistas, eses que despois tantas e tantas veces traizoaron a clase obreira, eses que botan fogos de alegría pola agresión da otan en libia...

2 Antón

Ben dito, guevarista os burgueses disfrazan hoxe o seu anticomunismo como antistalnismo. Non lhe vinha o mal chamado Marat saber que o 25% da poboación reclusa mundial está en USA, con só o 5% da poboación mundial o cal é que 1 de cada 4 cibdadans ianquis está na cadea, onte mesmo asasinharon con inxección letal un home negro e probe, como sempre probe , negro ou hispano,acusado de matar un policia branco sen testemunhas nin xuizo legal. Pero Stalin é o coco e USA o paradigma das liberdades.

3 Black Crow

Perdonen, pero me parecen ustedes muy enterados en la materia .... ¿No sabrá alguno donde se encuentra enterrado Andreu Nin? ... Si hombre sí, aquel político que el asesino de Carrillo entregó a los servicios secretos estalinistas para que lo desollaran, algo que ese criminal siempre negó.

4 Antón

Qué foi do traidor ácrata-trosko de Nin? preguntalho ós seus amigos da Gestapo.

5 Rayleigh

Comunistas pegándose entre eles....por que non me sorprende?

6 Antón

Porque os burgueses sempre estades de acordo nas vosas alianzas. De todolos xeitos, onde ves ti comunistas peleandose?

19 Lucense

DOM BAUTISTA: Algo que dizer a isto?: http://www.diarioliberdade.org/inde...