Bautista chama á "depuración" dos alcaldes críticos do BNG

"Sobra unto e falta cloro" di o histórico dirixente da UPG ante o manifesto dos alcaldes de EI e +Galiza, a quen lles espeta cualificativos como "farsantes" ou "disidentes".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 23/09/2011 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

Dezaoito foron os alcaldes do BNG que este verán demandaron un cambio de rumbo na liña da fronte, dominada pola UPG, o partido con máis militantes. "Os dezaoito magníficos" chámase un durísimo artigo contra eles que publica Bautista Álvarez en Terra e Tempo, o dixital da UPG.

Alvárez nunca os nomea, pero é evidente que o obxectivo das súas críticas son os edís de Máis Galiza e Encontro Irmandiño (outro dous partidos dentro do BNG) que pediron publicamente que o BNG modernizase o seu discurso.

None

Ráchase a trégua?

Tal petición desatou unha espiral de críticas e contracríticas nos nacionalistas. Todos os colectivos do Bloque, por moi pequenos que fosen, tomaron posicións no debate ante unha Asemblea Nacional que decidirá a supervivencia do BNG e que parecía inminente.

Pouco despois ZP convocou eleccións e o Consello Nacional do Bloque, en consecuencia, adía a Asemblea até despois do 20N. As correntes chegaron ao pacto tácito de non alimentar máis a discusión pública. Mesmo Bieito Lobeira, deputado e militante da UPG, apelou publicamente ao "patriotismo" para non alimentar a liorta nos medios. Agora o artigo de Bautista Álvarez cuestiona esta tregua.

Os cualificativos do histórico líder da UPG aos alcaldes son dunha enorme virulencia. Lánzaos, iso si, mediante unha "parábola".

"Os que nunca foron nada"

"Antes no nacionalismo había esveltos lebreis e ningún caniche faldeiro. Dun tempo a esta parte apareceron os palleiros. Os que nunca foron nada e sentíronse alguén desde que lles puxeron na man un bastón. Ladran por fóra cando van en manda. Dálles pánico facelo dentro, nos órganos aos que pertencen e onde se dá o debate. Alí téñenlle medo ao caxato, a facer o ridículo, estes cerebros nos que priman sobre a substancia gris os niños de bubela", escribe no dixital que edita a Fundación que leva o seu nome. Unha das primeiras recriminacións da UPG aos alcaldes críticos é que deran o debate publicamente. Os alcaldes alegaron que tamén presentaron o seu manifesto nos órganos internos.

Pantallas xigantes para ver La Roja

Álvarez tamén acusa aos edís de falta de compromiso coa cultura. Por exemplo, critica que concellos nacionalistas gobernados polos asinantes do manifesto contrataran pantallas sigantes para seguir o trunfo no Mundial de "La Roja". "Comprobamos a bebedeira orgásmica dunhas masas narcotizadas polo campionato mundial de fútbol de hai un ano. E mentres nós, os seguidores dos vellos mitos, fixemos pedagoxía desalienante, outros actuaron de camelos do sistema, subministrando o opio en pantallas televisivas para que o pobo vivise colectivamente a orxía españolista".

"Mamá teta"

O histórico galeguista vai moito máis aló. Acúsaos de  "redentores adventicios estaban aínda na incubadora, ou balbucindo "mamá, teta", cando paramos a cota empresarial agraria", de ter unha "vea reaccionaria", de ser incapaces de analizar a sociedade galega, de non ler agás o Marca e o Tebeo, de ser "farsantes de comedia", "disidentes", etc.

Que alternativa propón Álvarez para superar este enfrontamento entre os que queren que o BNG siga preto da ortodoxia comunista e os que apostan por centralo? O veterano político non se anda polas ramas e fala claramente de "depuración" e critica a "indolencia" do aparato do Bloque, que o seu partido goberna democraticamente, cos críticos.

Chamada á depuración

"Hai un cousa na que estamos de acordo. Na necesidade de introducir reformas que restauren o prestixio do nacionalismo. Cunha diferenza. O que para eles é revisión, así de cru, para min significa rexeneración e depuración. Sobra unto e falta cloro".

En definitiva, un chamamento en toda regra a desfacerse dos que supostamente non comparten o compromiso coa revolución e a cultura galega.

Desta volta é imposible culpar da lea interna a unha conspiración mediática. É a propia UPG quen mostra que a supervivencia do Bloque como proxecto común do nacionalismo pode pender dun fío.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 179 comentarios

33 Pucho

Bautista é un leninista. Se puidera enviaba á metade do BNG a un gulag. Pero non pode. Daí a súa frustración. Namentres siga a facerse pallas mentais coma esta, ou a da parábola do coche, non é perigoso, pero si patético.

1 Impresionante teoría

Claro, o feito de contestar equivale a querer mandar a un gulagl. Co teu razoamento, se puideses ti aos que non pensamos coma ti nos metías no campo de concentración.

2 Pucho

Non, eu nos vos metía nun campo de concentración. Eu aos leninistas enviabavos a todos a Cuba ou a Corea do Norte.

3 Que si Pucho

Xa se sabía. Eu a ti enviaríache a Santo Domingo ou a Tailandia, e non de turista. Grazas por recoñecer o demócrata que es.

32 Linterneiro

E vos creedes que ten senso perder o tempo discutindo sobre o que di ou non di Bautista Álvarez?. Tan ociosos estamos?

1 Xurxo de Lestrove

Pois si. Houbo escritos duros contra o manifesto dos alcaldes, coma o de Milucho, mais eran razonados, e mantiñan alomenos as formas. Éche o mínimo que compre esixir. E este persoeiro non cumpre con tal requisito. E el quen se pon -unha e outra vez- diante da diana. ¿Non vos lembra cada vez máis ao finado Heribert Barrera?

31 Confusio

Unha figura tan senlheira do nacionalismo popular como Bautista non merece unhas criticas tan pueris. Hai que ter unhos enemigos que valgan algo, dos que podas sentirte orguloso. A ver se subimos o nivel!, ou sodes ou semelhades pepeiros de antroido.

1 Buda

Bautista é máis ben unha figura traxicómica. Puxéronlle unha fundación para que deixara de tocar os narices, e adícase dende ela a tocar os collóns. Paréceme ben, pero iso ten un prezo. Neste caso o máis absoluto desprezo por máis da metade do BNG. E incluso na outra metade, grande parte teñeno por un tolo doutro tempo. Mágoa que os de +G ou os do EI non poidamos sentir fachenda de tan senlleiro homiño.

2 Pest

Que va Buda do que está farta a maioría do BNG, e bastante máis da metade, é dos contos de sempre e do monotema voso.

3 Xurxo de Lestrove

¿De qué maioría falas? ¿Da que sacou menos da metade dos votos na pasada Asemblea Nacional? Aprende a contar ho.

30 Alaricano

Propoño que todo o nacionalismo galego alleo á UPG boicotee de hoxe en diante a figura de Bautista Álvarez, e en particular a súa Fundación. Está claro que este home non ten a grandeza necesaria para dar nome a unha fundación do nacionalismo galego.

1 Confusio

Tes o enderezo electronico da Fundación? e pra escomenzar a boikoteala non penses mal

2 Si home

E logo non boicoteabas xa ao BNG en xeral "Alaricano"? Que vas facer agora? Como ousa Bautista opinar sobre as opinións de outros!

3 Alaricano

"Si Home", confundesme con outro Alaricano. Endexamais boicoteei ó BNG. Nin tampouco á UPG, ente do que discrepo pero ó que respeto -e mesmo aprecio-, e no que incluso militei algún tempo. Pero o de Bautista incapacítao ás claras para ser un referente moral de "todo" o BNG. Fáltalle grandeza. E quen así actúa só merece o boicot dos demais, o ninguneo máis absoluto.

4 Si home

Pois empeza a ningunear home, a el e a todo o BNG. Asegúroche que moitos estamos desexando que, dunha santa vez, empecedes a ningunearnos e nos deixedes en paz.

29 Fuco

Bautista, forofo de Real Madrid (máximo símbolos da España cañí) afea a un alcalde de +G ter posto unha pantalla publica para ver a La Roja; pero nada di sobre esa mesma falta cometida por un outro alcalde do BNG, neste caso da UPG. Bautista, afervoado revolucionario galego, que vive ben como pensionista do Estado español grazas ás cotizacións do parlamento autoanémico de Galicia. Bautista, ti non podes dar nome a unha fundación do nacionalismo galego. En todo caso, a unha fundación do nEcionalismo upegallo. Bautista, imos ter que cantarche o mesmo que a Manuel Fraga na manifa de Nunca Máis en Madrid: “Manolo hai que ir...”. Pois iso, camarrada Bautista, hai que ir...

1 Si home

Así que queres que morra Bautista, moi ben home, todos morreremos algún día. Eu a ti o único que che desexe é que che saia un gran no cú ben grande.

2 Gustavo

Así que un gran pecado dese alcalde foi poñer unha pantalla para que os veciños viran a final dun mundial (dito así xa sona menos grave, non si?). En Catalunya tamén había pantallas para ver tal evento, ou é que Bautista quere negar a evidencia (interés da veciñanza en ver esa final), como fai na súa práctica política (os únicos detentadores da verdade somos os que estivemos en Baldaio ou As Encrobas- que tampouco foron Sierra Maestra, oiga). Iso dito por un upegallo forofo do Real Madrid, qué curioso que outro insigne upegallo impresentable sexa tamén forofísimo do Madrid: Alfonso Eyré.