Bautista chama á "depuración" dos alcaldes críticos do BNG

"Sobra unto e falta cloro" di o histórico dirixente da UPG ante o manifesto dos alcaldes de EI e +Galiza, a quen lles espeta cualificativos como "farsantes" ou "disidentes".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 23/09/2011 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

Dezaoito foron os alcaldes do BNG que este verán demandaron un cambio de rumbo na liña da fronte, dominada pola UPG, o partido con máis militantes. "Os dezaoito magníficos" chámase un durísimo artigo contra eles que publica Bautista Álvarez en Terra e Tempo, o dixital da UPG.

Alvárez nunca os nomea, pero é evidente que o obxectivo das súas críticas son os edís de Máis Galiza e Encontro Irmandiño (outro dous partidos dentro do BNG) que pediron publicamente que o BNG modernizase o seu discurso.

None

Ráchase a trégua?

Tal petición desatou unha espiral de críticas e contracríticas nos nacionalistas. Todos os colectivos do Bloque, por moi pequenos que fosen, tomaron posicións no debate ante unha Asemblea Nacional que decidirá a supervivencia do BNG e que parecía inminente.

Pouco despois ZP convocou eleccións e o Consello Nacional do Bloque, en consecuencia, adía a Asemblea até despois do 20N. As correntes chegaron ao pacto tácito de non alimentar máis a discusión pública. Mesmo Bieito Lobeira, deputado e militante da UPG, apelou publicamente ao "patriotismo" para non alimentar a liorta nos medios. Agora o artigo de Bautista Álvarez cuestiona esta tregua.

Os cualificativos do histórico líder da UPG aos alcaldes son dunha enorme virulencia. Lánzaos, iso si, mediante unha "parábola".

"Os que nunca foron nada"

"Antes no nacionalismo había esveltos lebreis e ningún caniche faldeiro. Dun tempo a esta parte apareceron os palleiros. Os que nunca foron nada e sentíronse alguén desde que lles puxeron na man un bastón. Ladran por fóra cando van en manda. Dálles pánico facelo dentro, nos órganos aos que pertencen e onde se dá o debate. Alí téñenlle medo ao caxato, a facer o ridículo, estes cerebros nos que priman sobre a substancia gris os niños de bubela", escribe no dixital que edita a Fundación que leva o seu nome. Unha das primeiras recriminacións da UPG aos alcaldes críticos é que deran o debate publicamente. Os alcaldes alegaron que tamén presentaron o seu manifesto nos órganos internos.

Pantallas xigantes para ver La Roja

Álvarez tamén acusa aos edís de falta de compromiso coa cultura. Por exemplo, critica que concellos nacionalistas gobernados polos asinantes do manifesto contrataran pantallas sigantes para seguir o trunfo no Mundial de "La Roja". "Comprobamos a bebedeira orgásmica dunhas masas narcotizadas polo campionato mundial de fútbol de hai un ano. E mentres nós, os seguidores dos vellos mitos, fixemos pedagoxía desalienante, outros actuaron de camelos do sistema, subministrando o opio en pantallas televisivas para que o pobo vivise colectivamente a orxía españolista".

"Mamá teta"

O histórico galeguista vai moito máis aló. Acúsaos de  "redentores adventicios estaban aínda na incubadora, ou balbucindo "mamá, teta", cando paramos a cota empresarial agraria", de ter unha "vea reaccionaria", de ser incapaces de analizar a sociedade galega, de non ler agás o Marca e o Tebeo, de ser "farsantes de comedia", "disidentes", etc.

Que alternativa propón Álvarez para superar este enfrontamento entre os que queren que o BNG siga preto da ortodoxia comunista e os que apostan por centralo? O veterano político non se anda polas ramas e fala claramente de "depuración" e critica a "indolencia" do aparato do Bloque, que o seu partido goberna democraticamente, cos críticos.

Chamada á depuración

"Hai un cousa na que estamos de acordo. Na necesidade de introducir reformas que restauren o prestixio do nacionalismo. Cunha diferenza. O que para eles é revisión, así de cru, para min significa rexeneración e depuración. Sobra unto e falta cloro".

En definitiva, un chamamento en toda regra a desfacerse dos que supostamente non comparten o compromiso coa revolución e a cultura galega.

Desta volta é imposible culpar da lea interna a unha conspiración mediática. É a propia UPG quen mostra que a supervivencia do Bloque como proxecto común do nacionalismo pode pender dun fío.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 179 comentarios

28 Pedro Luaces

Os membros da upg son infiltrados do ppsoe dentro do bng, o seu obxetivo e destruir o nacionalismo. Pasao

27 Perroflauta

Bautista deixa de cobrar a pensión do Estado español

1 Pailan

Jajajajajaja que bueno

2 Xoelho

Qué bueno, non, que pouco orixinal e que estupidez.

3 Confusio

Hai unha verba que da significado o necio orguloso de selo, pero a censura puritana non deixa ponhela.

4 Antón

Vaia nivelasssooo o teu, canflauta!!! debes ser a alegria da horta.

5 Xoelho

Un_a vez dito o que dixen sobre os comentarios de Perroflauta e mais Pailán, tamén tenho que dicir que a actitude de tomar medidas contra os alcaldes críticos do BNG me parece lamentable, aínda que lóxica posto que o BNG é o que quere a UPG. Se o BNG vai como vai, se en cada nova elección perde votos sen parar, se os seus dirixentes esnaquizan a lingua, se non se mostran como un_a forza claramente de esquerda, é por culpa de quen move realmente os fíos e arrastra a uns independentes que fixeron posibles cousas como facer a Quintana, promotor do castrapo, descafeinador do nacionalismo e de escaso esquerdismo, Voceiro Nacional do BNG, que é o punto de inflexión da magoenta deriva actual da forza maioritaria no nacionalismo galego.

26 chorvo

Em Ponte Vedra também havia pantalhas para ver a la Roja e manda a UPG

1 Ben faladochorvo

Postas por Louzán, do PP, xa que o alcalde "da UPG" non as puxo. Pero por sorte está Internet, para difamar anonimamente.

2 Picaro

Pero tería que ter autorización do Concello, ¿non si? E se non a tes, pois o Alcalde envía á Policía Local, que para iso está, ¿ou non? E se non o fai, consinte. E se consinte é polo puto mercadeo electoral, ¿a qué si? Xa que logo, ¿por qué tal mercadeo de votos feito por +G é malo e feito pola UPG é bo?

3 Xuramenteiro

Xúrovos por Bautista, Paco R., Moncho Reboiras, Pilar García Negro, e todo o santoral xunto da UPG, que coñezo varios militantes da UPG e membros de APU, que viron forofamente a final e gozaron coa victoria de La Roja. Cousa que eu non comparto, pero non pido a súa expulsión do BNG. Ei-la diferenza entre uns e outros, e por iso uns teñen 18 alcaldes elixidos democraticamente e os outros non os teñen. VIVA GALIZA CEIBE (ceibe de España, e ceibe do leninismo).

4 Non xures tanto

E deron logo rolda de prensa cagándose na democracia e na militancia, despois do partido, claro.

25 Hamlet

A ver, nenos, perdendo o tempo co abuelete, cando a nova é o peche de A nosa terra......

1 Hamlet

Creo que compre unha declaración de principios dos redactores deste diario, pois a realidade fai que este fique sen competencia...Éche o que hai....

2 Andrés López

Si, si, que se pronuncien. E ao rematar, que sexan grouchistas: "estes son os meus principios, se non vos gustan, teño outros". Veña, Hamlet, que o tempo dos "abaixo asinantes" pasou. Sen gloria, e con bastante pena...

3 Hamlet

Leido o seu comentario vexo que o meu apuntamento non debeu ser suficientemente intelixible para vostede....En calquera caso, cando xa GD deu conta da nova, non teño mais nada que dicir

24 Manuel

Ja ja ja Bautista o madridista, amigo de Paco Zarzuelas dando leccións de galeguismo e dignidade, ¡O mundo ao revés! Rímonos por non chorar... Definitivamente hai que facerlle caso a este homiño e saír do BNG para crear unha alternativa útil. Eu son un don nadie, pero pregúntome a que esperan ¿Beiras, Camilo, Nogueira, Táboas, Bascuas e toda esa xente con sentidiño a deixar afogar a esta panda de inútiles. Como non apuren afogamos todos....

1 Patriota

Hai que gañarlles a batalla dentro.

2 Claro que si

O problema que tedes é que o 90% da militancia non vos quere, aínda que poida coincidir con vós en algunha cousa, a vota teima de "militar" nunha organización política para turrar contra ela e tratar de destruíla desde dentro impídevos non só gañar apoios, tamén vos invalida para construírdes nada fóra. Quen vai ir querer ir con vós a nada? A que os insultedes e difamedes?

3 Patriota

Guillerme non tivo o apoio nin do 50% dos delegados acreditados na última asemblea. Cala a boca, anda.

4 anonimo

nunha cousa ten razon #2; isa batalla xa se perdeu, BNG escolleu o seu camiño e curiosamente parece antitetico coas afirmacions de Bautista, hai xente que xa o comprendeu e centrou os seus esforzos noutros ambitos, a todos os demais parabens, tedes mais moral que o Alcoyano

5 Manuel

ASí que nos difamamos....o que eu digo, o mundo ao revés. Lástima que os galegos, burros eles pasen de vos, ¿porque o de que os galegos son todos uns burros e túzaros seguirá sendo a vosa excusa para quen non vos vote ninguén?

6 Que si Manuel

Claro pasan "de nós", non "nos" votan. Mágoa que non pases ti, e probes a ver se tes algo de éxito polo mundo real, non no virtual.

7 Para Patriota

"Guillerme", ou a candidatura da Alternativa pola Unidade, obtivo máis votos ca ningunha outra, e os relatorios foron aprobados, como todo no BNG, por máis do 80% da militancia. Cala ti se queres, anda. Vai construír algo ilusionante por aí, que no BNG xa estamos máis que fartos do teu monotema de que malos son que no me ponen a mí.

8 xose de compostela

Guillerme e a candidatura que encabezaba obtivo o 45% dos votos, e os que paricipamos na asemblea asi o acreditamos, esa é a verdade.