Por IagoFdez (http://twitter.com/IagoFdezPena?lang=es) | GC ABERTO | 13/02/2019
En 2012 e localizado o primeiro niño de Velutina na nosa comunidade non sendo ata 2013 cando de pronto comeza a xerar un gran problema na apicultura da Mariña Lucense, e da zona do Rosal de Pontevedra, ano tras ano estendeuse pola nosa comunidade e rematado este 2018 coloniza case o cento por cento de Galicia, comprobando datos da Consellería de Medio Rural.
Sabemos que a Velutina afecta a varios sectores pero tamén sabemos que os máis prexudicados son os abelleiros, eles foron os primeiros en poñerse a combater o problema e son os protagonistas de todas as iniciativas que se levan a cabo, algúns como inventores, outros como biólogos, intentando encontrar unha solución. Outra gran parte bota horas nos colmeares en unha loita aberta mantado o maior número de Velutinas que se poida e incluso seguíndolles o voo para poder encontrar os niños.
A dieta da Velutina componse dun 65% de abellas, pero deixa a porta aberta para atacar multitude de árbores froiteiras, durante a primavera os abelleiros colocan trampas, intentan localizar os niños primarios, durante o verán concentran a súa loita diante das colmeas e retiran os niños que encontran, no outono ca caída da folla e sendo cando máis niños se ven danlle o último ataque intentado eliminar o maior número posible, pois ben, isto convertese nun ciclo que se repite sen parar durante os últimos anos.
Galicia ten a redor de 4000 explotacións apícolas, e como actividade secundaria convértense en persoas combatendo a velutina, despois de anos e grazas a todos eses apicultores (inventores) e apicultores (biólogos) avanzamos na loita e comezamos a ver un fío de esperanza a esta guerra.
A piques de chegar a primavera os apicultores comezaran a súa loita, pero ¿qué pasará cando a Velutina deixe de ser un problema para a apicultura?
Recordemos as case 4000 explotacións apícolas que loitan contra un insecto que non está no seu medio natural pero que se adaptou perfectamente a el, cunha estratexia por parte da administración que está fracasando. Un insecto depredador, unha especie que xa provocou mortes, e que avanza sen control por toda a cornixa cantábrica.
Imaxinen o que sería que todo ese gran número de abelleiros non tiveran a necesidade de combatela e seguiran o exemplo das distintas administracións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.