Santiago, Ordes, Bergantiños e O Deza esixen á Xunta máis vixilancia ambiental

Plataformas cidadás destas comarcas pediron á Xunta que "cumpra coas súas obrigas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2019 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

Plataformas cidadás das comarcas de Santiago, Ordes, Bergantiños e O Deza pediron á Xunta que "cumpra coas súas obrigas de vixilancia ambiental", xa que, ao seu xuízo, na actualidade "non se está levando a cabo en Galicia".

Plataformas cidadás. REDE DE PLATAFORMAS AMBIENTAIS
Plataformas cidadás. REDE DE PLATAFORMAS AMBIENTAIS | Fonte: Europa Press

Tal como sinalou a rede de plataformas ambientais, máis de 200 persoas reuníronse na Casa da Cultura de Ordes con motivo da estrea da reportaxe 'Redes contra as políticas do espolio', de Xosé Antón Bocixa Rei.

Membros das plataformas Mina Touro-O Pino Non, Casalonga Limpa de Residuos, Afectadxs polo vertedoiro de Lesta, Afectadxs polo vertedoiro de Santiago de Compostela-Miramontes, Recuperación do Sar, Afectadxs pola destilería de Contimunde, así como do colectivo Non Eólicos en Ordes, da comisión de seguimento da Minaría e defensa do rural de Mesía-Frades, Salvemos Catasós e da plataforma Non mais eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural defenderon no evento a necesidade de que se implique "toda a cidadanía" na defensa "da saúde, da terra, da auga e da vida".

Así mesmo, pediron ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo que "deixe de mirar para outro lado" e "cumpra coas súas responsabilidades".

Nese sentido, as plataformas cidadás fixeron un chamamento para protexer o territorio e para "tomar as rendas desde os colectivos sociais para presionar aos políticos e velar polo presente e o futuro do rural".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta