Sen ánimo de lucro

Este é un engadido que aparece sempre na denominación dunha asociación. Na actualidade este engadido converteuse en mofa social.

Por Xosé Dorrio | Ourense | 05/10/2011

Comparte esta noticia

Estes profesionais do asociacionismo son bechos hábiles nas corredoiras das administracións rapinando aos corruptos políticos que nos gobernan (non diferencio entre siglas… entre os bechos tampouco). Son profesionais do asociacionismo porque é do que viven, viven subsidiados, e viven duns fondos que na maioría dos casos van destinados a colectivos desfavorecidos, para a súa defensa, para a súa integración, para a súa atención. Dáme moito noxo observar como quen realmente saca proveito deses fondos non son directamente eses colectivos aos que supostamente van dirixidos, senón fracasados aspirantes a funcionarios que atopan aquí unha alternativa de traballo, sen necesidade de ter que cravar os cóbados nunha mesa para opositar e aprobar, competindo con moitos outros aspirantes para ocupar unha mesma praza nunha administración pública, quen realmente debería prestar eses servizos que se subvencionan,

Aquí, nas asociacións,  non hai rivais, simplemente cumpre ser un bo cacique (no sentido pexorativo da verba), un mamón vaía, e mamar na persoa adecuada. Da igual as capacidades que teña ese traballador, si sabe mamar é o candidato perfecto ao posto. Así fan a maioría dos traballadores de cantas asociacións coñezo. AODEM, da que me dei de baixa esta mesma semana, por implantar un sistema de copago no que o usuario non paga un prezo simbólico do servizo que recibe, senón máis do que o servizo realmente vale: 12€. Esta cantidade multiplicada polas horas que se lle supón traballan estes profesionais ao día (8) e cunha media mensual de 21 días supón uns ingresos de 2016 €, moi por arriba do custo dos honorarios dos profesionais desta asociación. Iso non é copago, é unha estafa, máxime tendo en conta que outros gastos son financiados polas administracións ou a obra social das caixas (local, utensilios, subministros, …). E falando de administracións, na reunión na que se adoptou esta medida fíxose unha crítica política ao Concello de Ourense por non subscribir con AODEM un convenio aducindo que non podían asinar máis convenios e logo, dixo o Presidente e ex-alto executivo, Constantino Guzmán Rodríguez (a saber de que), si os asinou con outra asociación. A demagoxia deste persoeiro non ten límites, Pero, quen é esa outra asociación? É ASPANAS. Críticas na intimidade máis profundo silencio e respecto publico. Ao rematar a reunión a psicóloga-xerente e o presidente sairon correndo á inauguración dos novos bungalows de Untes, nun camping que leva un ritmo de inauguración por ano, sempre ao finalizar a tempada estival.

Esta outra asociación é a que se queda coa torta toda de subvencións, axudas, convenios e o que se poña. O xeito de conseguilo é ben doado, premiando aos responsables políticos, de calquera partido, dando postos de traballo a aquelas persoas que aqueles lles suxiran: veciños e parentes do Alcalde de A Peroxa, veciños e parentes do superdelegado da Xunta en Ourense e ex-alcalde de Arnoia, veciños e parentes dos responsables de termalismo, medioambiente ou xardíns do Concello de Ourense,… e sen coñecer moi ben o motivo, pero algún haberá amigos e familiares da deputada do BNG Tareixa Paz: súa irmá Lourdes, o concelleiro do bng en Barbadás Serafín, o cuñado de Tareixa Paz,… e como non, a parella de Tareixa Paz, unha persoa que non ve un burro a tres pasos, mais que iso non lle impide encargase do mantemento, hixiene e seguridade nas Pozas de Outariz. Dicía unha nova do ano pasado: “Entre os feitos denunciados no escrito que se fixo chegar aos medios de comunicación relatábanse deficiencias hixiénicas nos alimentos que se serven, tanto pola súa manipulación como polas súas condicións de almacenamento e conservación, e sinálase que algúns traballadores tiveron xa diarreas”. Os responsables de ditaminar que todo aquilo era falso eran os mesmos que logo seguían enchendo esa asociación de familiares e amigos. Efectivamente, o Concello de Ourense elaborou un informe ao día seguinte da denuncia ao ditado de Juan José Rodríguez Fernández, quen foi facerlle unha visita ao encargado de realizalo a primeira hora do día 1 de setembro de 2010, saúdando polo camiño, iso si, sen perder as mañas, aos concelleiros da oposición. Xa se sabe, hai que estar con todos ben, máis con ese, que é técnico na Deputación de Ourense. A oposición non deu un chío. Mais, eu que teño as miñas propias fontes podo afirmar que as instalacións de Outariz dan noxo, verdadeiro noxo, tanto que nin empregados, nin ex-empregados van por alí, agás aqueles que comén, e sobre todo os que empinan o cóvado, pola face.

Si o pensamos ben, nunha asociación así non fai falla responsables de persoal financiado con fondos públicos, porque se contrata a quen lle ordenan. Persoas que finxen adicarse a selección de persoal como Olalla Jorge Pereira (psicóloga) ou Rosa Carrera Carballo (historiadora, sic, quen mellor para estudar a historia curricular dun candidato) sobran. Mais, facer o que os políticos ordenan ten o seu premio: quedarse coas axudas e subvencións de tódalas outras asociacións. Pero por caladiños, por posuir menos cualidades que aquel “Caladiño” de “Sempre Xonxa” a perda de axudas tena ben merecida. A estes senvergoñas todo lles da igual e a cada acusación rin e brincan. Por iso, son dos que defende que a estas asociación non se lles debería dar nada, absolutamente nada, dos fondos públicos e si reforzar e potenciar nas administracións públicas os servizos que estás din, sen facelo, prestar.

Este vídeo vai para todos os canallas, mamóns, senvergoñas, zafados, cabróns, para toda unha CUADRILLA DE MAFIOSOS que infestan esta sociedade.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Dorrio Nacín en Ambía e aos 11 anos trasladeume a Ourense, onde resido dende os 11 anos. Sempre me lembro traballando e estudando, ate chegar a universidade. Licenciado en Dereito e logo fixen un Máster en Dirección de Persoal e Asesoría Laboral e outro de Axente de Emprego e agora ando para rematar a Licenciatura de Ciencias do Traballo, tamén na UOC. Traballei como Técnico de Emprego en ASPANAS.