CCOO volve gañar as eleccións sindicais na banca

O sindicato aumenta a súa representación no sector ata o 32,17 % en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/02/2019 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

A Federación de Servizos de Comisións Obreiras de Galicia volveu gañar as eleccións sindicais nas entidades bancarias que operan no país, que aglutinan máis de 3500 traballadores e traballadoras. Tras as votacións, que tiveron lugar o mércores, o sindicato conseguiu 46 delegados e delegadas (32,17 %) de 143 que se elixían.

Muller sacando diñeiro dun caixeiro automático do banco ABANCA
Muller sacando diñeiro dun caixeiro automático do banco ABANCA

Jorge Villarino, secretario xeral da agrupación do sector financeiro de CCOO-Servizos,  destaca  que o persoal volveu depositar a súa confianza en Comisións Obreiras “polo traballo da organización á hora de negociar acordos de profesionalidade, horarios, conciliación, igualdade e incluso o convenio colectivo 2015-2018, que protexeu os dereitos laborais”.

Nun comunicado, o voceiro de CCOO-Servizos lembra que, ante a inminente negociación do novo convenio da banca, “a fortaleza de Comisións será fundamental para evitar os posibles recortes de dereitos que a patronal quererá impor, aproveitando a conxuntura legal derivada da reforma laboral”.

Resultados estatais

No ámbito estatal, CCOO tamén é primeiro sindicato no sector da banca, cun 41,88 % de representación e 936 delegados e delegadas dun total de 2235. O segundo sindicato sitúase a moita distancia, co 20 %.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Un galego

Por queeeeee seráaaaa, seráaaaaaa.... Por que seráaaaa?